Admisión de alumnos/as
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición, neste caso o IES de Valadares. ( Dende o día 1 de febreiro ata o día 15 de febreiro)
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
Anexo I: Reserva de praza
Anexo II: Formularios de admisión e matrícula
FELICITACIÓN
O profesorado do CEIP MESTRES GOLDAR deséxavos unhas felices festas.
FESTIVAL DE INVERNO
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no Centro por estas datas, imos celebrar un festival.
Realizarémolo o venres18.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 11:50 h poderedes entrar no centro.
AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 (realizada en setembro) e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude.
Os datos tanto familiares como da renda son a 31 de decembro de 2013 e dita renda per cápita familiar ten que ser igual ou inferior a 5.400 euros.
Día da Biblioteca
"Vigo, un mar de música" foi o lema que presidiu o escenario do salón de actos para o espectáculo de " ROCK EN VIGO" que protagonizaron JOAO TOMBA e a BANDA DO PUPAS.Gozamos coas actividades desta xornada de reapertura da nosa biblioteca.
Se queredes averiguar todo o que sucedeu.....
BECAS 2015/16
IMPORTANTE: ONTE 16 DE SETEMBRO RECIBIUSE NOS CENTROS UN CORREO CON ORDEN DA CONSELLERÍA SOBRE A TRAMITACIÓN DAS BECAS DE NEAE OBRIGANDO A TRAMITALAS VÍA ONLINE POR CADA FAMILIA. AS INSTRUCIÓNS SON AS SEGUINTES:
- Entrar na páxina https://sede.educacion.gob.es/ à“Trámites y Servicios”
- Continuar a seguinte ruta:
Becas, ayudas, subvenciones y premios
Becas, ayudas y subvenciones para estudiar
Becas y ayudas para estudiar primaria y secundaria
Becas y ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo
§ Formulario de solicitud y consulta de solicitud
§ Registrarse (cubrir os datos que se vos piden)
- Cubrila Beca e imprimila.
- Entregala directamente no Departamento de Orientación do centro.
*Non esquecerse de firmar a primeira folla e de traer a documentación solicitada (fotocopia do DNI de todos os membros da familia, o certificado bancario e der ser o caso certificado de minusvalía ou carnet de familia numerosa)
No caso de non contar na casa con acceso a internet podedes solicitar axuda no Departamento de Orientación do colexio.
VIGO DÁ MOITO XOGO
Nas actividades planificadas sobre a nosa cidade comezamos o curso coa visita da escola municipal de tenis de mesa no que xoga Natalia, unha antigua alumna do colexio.
A actividade ía dirixa ao alumnado de 2º a 6º de primaria. Iniciamos cunha demostración e posteriormente tivemos a oportunidade de praticar . VER IMÁXES.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- seguinte ›
- última »