CURSO 2018-19

 

As clases empezarán o vindeiro mércores 12 de setembro no horario habitual.

Esperamos a vosa volta con ilusión.

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO 4º DE ED. INFANTIL

O venres 7, ás 11:00, haberá unha reunión xeral coas familias do alumado que inicia o curso en tres anos na súa aula correspondente.

.

ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

Horario do período de adaptación do alumnado de tres anos.

CLICADE EN ADXUNTO

 

RECOLLIDA LIBROS

Os libros da ANPA serán entregados os días 6 e 7 de setembro de 10:00 a 12:00.

Os do fondo libros da Xunta, segundo corresponda, tamén poden ser recollidos nese mesmo horario, ou ao inicio das clases xa se lles entregará ao alumnado.

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe publicamos as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso.

Ditos libros, para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que lle corresponda, serán entregados en setembro nos primeiros días
de clase, nas respectivas titorías.

Consultade os arquivos adxuntos para saber que libros corresponden a cada alumno ou alumna.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2018-19

 

Clica enriba para ir á páxina da Xunta e ler a orde pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso

As clases empezarán o 12 de setembro de 2018 e rematarán o 21 de xuño de 2019.

VACACIÓNS : NADAL desde o 22 de decembro ao 7 de xaneiro ambos inclusive.

                    ENTROIDO 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

                    SEMANA SANTA desde o 13 ao 22 de abril de 2019 ambos inclusive.

DÍA DO ENSINO declarado pola Consellería: 7 de decembro.

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Xa está dispoñible, para quen lle corresponda, o vale para material escolar de 1º a 6º e o vale para os libros de 1º e 2º de Ed. Primaria.

Data de entrega: 3, 4, 5 e 6 de xullo de 9:30 a 14:00.

De non recollelo nestas datas pódese recoller en setembro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Clicade nos arquivos adxuntos para comprobar a listaxe provisional do fondo solidario de libros de texto do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria para o vindeiro curso (admitidos e excluídos).

Hai 2 días para as posibles reclamacións antes da publicación das listaxes definitivas.

Nas listaxes provisionais só aparece o reparto dos libros que ten o colexio, polo que quen aparece con 0 libros, nas listaxes definitivas pode variar.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-19

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO

Clicade no adxunto para as distintas listaxes.

SAÍDA FIN DE CURSO PRIMARIA

             GOZANDO DUNHA XORNADA ESTUPENDA COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS

             

 

Distribuir contido