AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

O prazo de presentación das solicitudes será do 3 ó 31 de xullo, ambos incluídos.

As solicitudes presentaranse mediante cita previa, que se poderá solicitar a partir do martes 2 de xullo, a través de:

Teléfonos: 010 ou 986 810 260

Páxina Web:www.vigo.org

Máis información: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=3709&lang=ga

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Xa está dispoñible, para quen lle corresponda, o vale para material escolar de 1º a 6º e o vale para os libros de 1º e 2º de Ed. Primaria.

 

Data de entrega: 2,3,4 e 5 de xullo de 9:30 a 14:00.

De non recollelo nestas datas pódese recoller en setembro.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019-20

Clica enriba para ir á páxina da Xunta e ler a orde pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso

As clases empezarán o 11 de setembro de 2019 e rematarán o 19 de xuño de 2020.

VACACIÓNS : NADAL desde o 21 de decembro ao 7 de xaneiro ambos inclusive.

                    ENTROIDO 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.

                    SEMANA SANTA desde o 4 ao 13 de abril de 2020 ambos inclusive.

DÍA DO ENSINO declarado pola Consellería: 31 de outubro.

                                          

SAÍDA FIN DE CURSO ED. PRIMARIA

FELIZ VERÁN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-20

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO

Clicade no adxunto para as distintas listaxes

REUNIÓN FAMILIAS PARA O NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS (4º DE ED. INFANTIL) DO VINDEIRO CURSO 2019-20

 

O vindeiro mércores 26 de xuño ás 11.30 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha reunión informativa coas familias do alumnado de nova incorporación (4º de Educación Infantil) para o curso 2019-20.              

 A matrícula poderá realizarse ese mesmo día.

Documentación necesaria:

- Cubrir un impreso de formalización de matrícula (anexo III-1) que se proporciona no centro e se pode cubrir nesa xuntanza.

- 4 fotografías co nome e apelidos escritos por detrás.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- Fotocopia do libro de familia.

ACTO FINAL DE CURSO

O venres 21 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2018/19. Como todos os anos as familias estades convidadas a asistir.

A apertura das portas será ás 12:00 h 

 

 

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles dende o seguinte á publicación oficial da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 

As solicitudes presentaranse mediante cita previa, que se poderá solicitar a través de:www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou 986810260.

Ditas axudas para libros de texto e material escolar son só para a segunda etapa de Educación Infantil, e as de comedor para Educación Infantil, Primaria e Secundaria

 

*IMPORTANTE: Como novidade este ano os centros educativos non terán que facerlle ningún xustificante ás familias para aportalo coa solicitude (será o Concello o que solicite o xustificante aos centros cando o  considere necesario).

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20

Saíu publicado no DOG do 20 de maio (Orde do 3 de maio) onde podedes atopar toda a información,  o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020.

         . A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 18/19. A falta de devolución é motivo de exclusión. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

        . A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con  renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.

        . A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.

        A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2017 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.

        A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 415) e a base impoñible do aforro (recadro 435); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

        O prazo de solicitudes (anexo I e II) vai do 21 de maio ao 21 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2017.

Este ano as familias poden tamén realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

Tamén poden facer a presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

DATAS LÍMITE

.                          Publicación de listaxes provisionais de axudas concedidas: ata o 11 de xullo.

  •           Para gravar o resultado de reclamacións: ata o 17 de xullo.
  •           Publicación das listaxes definitivas de axudas concedidas: ata o 19 de xullo.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  •           Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
  •           Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  •           Certificado ou volante de convivencia, de ser o caso.
  •           Violencia de xénero: acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Distribuir contido