SAMAÍN NO COMEDOR

As monitoras do comedor do noso colexio celebrando o Samaín.

DÍA NON LECTIVO

 

Lembramos que o xoves 31 de outubro foi declarado Día do Ensino pola Consellería de Educación, para o actual curso 2019/20, segundo aparece na Orde do 20 de xuño.

POLO TANTO NON HABERÁ CLASE.

HORARIO DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

A orientadora do centro estará no noso colexio todos os mércores, xoves e venres; e 3 tardes do martes ao mes.

A profesora de Audición e Linguaxe estará no noso colexio todos os martes, xoves e venres; e 3 tardes do martes ao mes.

A profesora de Pedagoxía Terapéutica ten horario completo no noso centro.

REUNIÓN XERAL FAMILIAS INICIO DE CURSO

Convocamos ás familias do alumnado a unha reunión, o vindeiro martes 1 de outubro, para falar de diversos aspectos organizativos, didácticos, educativos...

 

O horario será o seguinte:               Educación Infantil: 16:00

 

                                                       Educación Primaria: 17:15

 

Ao inicio de cada unha das sesións, haberá unha breve xuntanza xeral, tanto para Infantil como Primaria, no salón de actos do noso centro. Despois as familias irán xa ás diferentes titorías acompañadas do profesorado correspondente.

 

                                                 

PERÍODO ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º DE INFANTIL (3 ANOS)

Clica no arquivo adxunto de abaixo para comprobar os grupos e datas do período de adaptación.

INICIO CURSO 2019/20

As clases empezarán o vindeiro mércores 11 de setembro no horario habitual.

Esperamos a vosa volta con ilusión.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO

 

 

Prazo aberto de presentación de solicitudes para

 

 

Becas e axudas para alumnado

con necesidade específica de apoio educativo

       Departamento de Orientación

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet nesta ligazón:

http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html


Despois de cuberta a solicitude on-line teñen que imprimila en papel e asinala.

No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Os impresos de solicitude cubertos, asinados e selados polo gabinete terán que entregalos  no Departamento de Orientación do colexio xunto coa documentación requerida (fotocopias DNI de alumnado e familia, certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico, certificado de discapacidade) para a posterior tramitación dende o colexio coa Inspección educativa.

 

Prazo de presentación:

ABERTO  ata o 26 de setembro de 2019

Por favor, para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non agarden ao derradeiro día.

RECOLLIDA DE LIBROS

Os libros da ANPA serán entregados os días 3 e 5 de setembro de 10:00 a 12:00.

Os do fondo libros da Xunta, segundo corresponda, tamén poden ser recollidos nese mesmo horario,na aula correspondente.

Moitas gracias.

Distribuir contido