DÍA DA PAZ
Para conmemorar o Día da Paz, o noso Mik preparounos unhas actividades. Por unha banda un libro no que deixar a nosa pegada, emulando as das pinturas rupestres.
Por outra banda, un quebracabezas xigante dunha pintura relacionada ca paz, co obxetivo de descubrir a obra de arte e o seu autor ou autora.
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2019-20
Xornadas de portas abertas
Se queredes coñecer o noso colexio tedes estas datas dispoñibles:
*Martes 26 de febreiro ás 17:00
*Martes 12 de marzo ás 17:00
Aquela familia que teña dificultades con estas datas, poderá concertar unha visita noutro horario chamando por teléfono ao centro.
A solicitude de reserva de praza presentarase no centro de preferencia DO 1 AO 20 DE MARZO
XORNADA PORTAS ABERTAS IES VALADARES
O IES de Valadares invita á xornada de portas abertas, a todas as familias do alumnado de 6º de Ed Primaria do noso centro, o vindeiro 21 de xaneiro ás 18:00.
Haberá unha breve presentación do instituto: materias a escoller, normas de convivencia, medidas de reforzo e adaptación...Tamén se realizará unha visita polas dependencias do centro.
FESTIVAL VENRES 21
Estimadas familias:
Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.
Realizarémolo o venres 21, e levará por título “ZAPPING”.
Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo que ás 11:55 podedes entrar no centro, agardando o aviso para poder subir ao ximnasio.
Un saúdo Feliz Aninovo
A volta ás aulas é o 8 de xaneiro
DÍA DO ENSINO
O vindeiro 7 de decembro, segundo o DOG do 8 de xuño que regula o Calendario Escolar para o curso 2018-19, está establecido como Día do Ensino, declarado pola Consellería de Educación, coa consideración de non lectivo para efectos académicos. Polo tanto ese día non haberá clase.
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
O vindeiro martes 27 de novembro celebraranse as votacións para a renovación parcial dos representantes dos pais e nais no CONSELLO ESCOLAR do noso centro.
O horario será:
De 8:45 a 9:15
De 13:45 a 14:15
De 16:00 a 17:00
Reapertura da biblioteca
A Biblioteca abriu as súas portas a novas historias, a novos proxectos e, por suposto, á maxia da pintura. E que mellor xeito de comezar que con outra clase de maxia, a da música de uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Moitísima grazas por agasallarnos co voso tempo, enerxía e bo facer.
MAGOSTO
Estimadas familias;
Precisamos da vosa colaboración nos seguintes aspectos:
. Envíen polos nenos e nenas unhas castañas picadas.
. De ser posible aporten unha pequena cantidade de leña.
. Procuren que ese día o alumnado veña con roupa axeitada.
. Mandade as castañas e a leña só o xoves 8 e o venres 9.
Por cuestións organizativas do centro a festa do magosto é só para o alumnado.
Clicade enriba da imaxe das castañas e podedes visualizar un vídeo anunciando o noso magosto, realizado nun obradoiro de dobraxe na aula de 5º B. E se clicas sobre as letras de cor verde, outro máis, súper simpático. A gozar destas dúas estupendas presentacións!!!
DÍA NON LECTIVO
Vista a proposta do Consello Escolar do centro, a Xefatura Territorial declarou día non lectivo o vindeiro 2 de novembro de 2018. Polo tanto non haberá clase ese día.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »