CALENDARIO DE ADVENTO
Visita o calendario de advento no mes de decembro e descubre cada día unha nova proposta.
SAMAÍN NO COMEDOR
As monitoras do comedor do noso colexio celebrando o Samaín.
DÍA NON LECTIVO
Lembramos que o xoves 31 de outubro foi declarado Día do Ensino pola Consellería de Educación, para o actual curso 2019/20, segundo aparece na Orde do 20 de xuño.
POLO TANTO NON HABERÁ CLASE.
HORARIO DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN
A orientadora do centro estará no noso colexio todos os mércores, xoves e venres; e 3 tardes do martes ao mes.
A profesora de Audición e Linguaxe estará no noso colexio todos os martes, xoves e venres; e 3 tardes do martes ao mes.
A profesora de Pedagoxía Terapéutica ten horario completo no noso centro.
REUNIÓN XERAL FAMILIAS INICIO DE CURSO
Convocamos ás familias do alumnado a unha reunión, o vindeiro martes 1 de outubro, para falar de diversos aspectos organizativos, didácticos, educativos...
O horario será o seguinte: Educación Infantil: 16:00
Educación Primaria: 17:15
Ao inicio de cada unha das sesións, haberá unha breve xuntanza xeral, tanto para Infantil como Primaria, no salón de actos do noso centro. Despois as familias irán xa ás diferentes titorías acompañadas do profesorado correspondente.
PERÍODO ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º DE INFANTIL (3 ANOS)
Clica no arquivo adxunto de abaixo para comprobar os grupos e datas do período de adaptación.
INICIO CURSO 2019/20
As clases empezarán o vindeiro mércores 11 de setembro no horario habitual.
Esperamos a vosa volta con ilusión.
BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO
Prazo aberto de presentación de solicitudes para
Becas e axudas para alumnado
con necesidade específica de apoio educativo
Departamento de Orientación
Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet nesta ligazón:
No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos. Os impresos de solicitude cubertos, asinados e selados polo gabinete terán que entregalos no Departamento de Orientación do colexio xunto coa documentación requerida (fotocopias DNI de alumnado e familia, certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico, certificado de discapacidade) para a posterior tramitación dende o colexio coa Inspección educativa.
Prazo de presentación: ABERTO ata o 26 de setembro de 2019 Por favor, para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non agarden ao derradeiro día. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »