NOVA IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS


O presidente da Xunta de Galicia COMUNICA a decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns 16 de marzo con carácter oficial, e de xeito recomendado desde mañá venres, por un período inicial de 14 días.

Agardando a comunicación oficial das autoridades educativas,avisámoslles para que poidan organizarse do xeito mais convinte.

VACANTES CURSO 2020-21

4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 de NEE

5º de Educación Infantil (4 anos): 1 praza

6º de Educación Infantil (5 anos): 3 prazas

1º de Educación Primaria: 3 + 3 de NEE

2º de Educación Primaria: 0 prazas

3º de Educación Primaria: 6 prazas

4º de Educación Primaria: 0 prazas

5º de Educación Primaria: 2 prazas

6º de Educación Primaria: 1 praza

 

LEMBRAMOS QUE AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS SERÁN OS VINDEIROS 3 E 10 DE MARZO DE 17:00 A 18:00.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
*Para aqueles centros nos que o vindeiro 20 de marzo é non lectivo consonte a normativa, cómpre ter en conta que a partir dese día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento. Non obstante, a aplicación admisionalumnado admitirá o rexistro ata o día 23 das solicitudes que se dirixan a aqueles centros nos que o día 20 foi declarado como non lectivo. Estas solicitudes terán que presentarse de forma presencial no propio centro que se solicita en primeiro lugar ou en calquera dos rexistros que establece a Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
Pode solicitarse o impreso (Anexo II  ED550B) no colexio, ou descargalo premendo no seguinte enlace:

ADMISIÓN ALUMNADO IES VALADARES CURSO 2020-21

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES ao que está adscrito o noso centro (VALADARES), ten que presentar o anexo co código ED550A  (SOLICITUDE) cuberto para solicitar a reserva de praza do día 1 AO 17 DE FEBREIRO.

*As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

O modelo ED550A estará na aplicación e na Sede Electrónica, no momento de apertura do prazo, da Xunta de Galicia.

De necesitalo, podedes solicitar unha copia en papel na secretaría do colexio.

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E DA NO VIOLENCIA

 

OS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA AGASALLÁRONNOS HOXE CUNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL

Distribuir contido