A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS

 

Benvidos a este novo curso de parte da Biblioteca e, sobre todo, de parte de Mik, que xa algo canso de tanto descanso nos recibe con novas aventuras. Este curso toca ser exploradores, guías turísticos. Co noso proxecto: A volta ao mundo en 80 historias, percorreremos unha chea de países e descubriremos e aprenderemos moreas de cousas sobre monumentos, comidas, vestimentas, costumes e tradicións, música, problemas aos que se enfrontan noutros lugares…, e quen sabe cantas cousas máis.

 

Como punto de inicio e para cargarnos de enerxía, que boa falta nos fará, imos a ter como convidado a Jõao Paulo Espanhol, músico brasileiro que leva metido neste mundo desde os oito anos. Aínda que agora vive aquí ao lado, en Sárdoma, é natural de Espirito Santo. Poida que Brasil sexa un dos países a  investigar, quen sabe. Estes e outros misterios quedan para máis adiante, de momento a gozar do espectáculo!!

REUNIÓN FAMILIAS

 

O vindeiro martes 4 de outubro terán lugar as reunións de principio de curso coas familias. Haberá unha reunión xeral e a continuación irán ás súas respectivas aulas co profesorado correspondente.

 

HORARIO:    EDUCACIÓN INFANTIL. No salón de actos ás 16:00 hs

                  EDUCACIÓN PRIMARIA. No salón de actos ás 17:30 hs

LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias!!

Os libros de texto do alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria serán entregados o luns día 12 de setembro ( 1º día de clase)

nas respectivas aulas pola titora.

Así mesmo levarán un impreso para que as familias asinen, conforme recibiron ditos libros.

.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicación das LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe publícase a LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS no Fondo Libros.

Hai un periodo de 2 días antes da publicación definitiva para posibles reclamacións.

O día 15 de xullo sairán publicadas as definitivas. Nestas listaxes só aparece o reparto dos libros do fondo do colexio.

( Ver arquivos adxuntos)

 

Material e Libros de texto 1º - 2º Primaria

Xa está dispoñible o cheque para material escolar de 1º - 6º de E.Primaria e o cheque para libros de 1º e 2º de E. Primaria.

Data de entrega os días 7,8 e 11 de Xullo en horario de 10-14 horas. De non recollelo neste mes pódese recoller en setembro.( xa se concretarán datas)

FONDO DE LIBROS DE TEXTO

As datas límite para realizar os trámites (DOG do 16 de maio de 2016)   serán:

 a) Para gravar solicitudes e emendas (EP e ESO): o 11 de xullo de 2016.

 b) Para publicar as listaxes provisionais (EP e ESO): o 14 de xullo de 2016.

 c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 19 de xullo de 2016.

d) Para publicar as listaxes definitivas:  De EP (3º, 4º, 5º e 6º): o 22 de xullo de 2016.

 

O centro avisará ao alumnado que lle corresponda o vale  para adquirir libros de texto de 1º e 2º de E. Primaria. Igualmente tamén se avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para material escolar.

SAÍDAS FIN DE CURSO

O alumnado do centro realizou dúas saídas . O alumnado de E. primaria visitou as ILLAS CÍES e os alumnos/as de

E. Infantil foron á Granxa  . Preme nas imaxes para ver as Fotos.

                                                              

Distribuir contido