ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O martes, día 29, serán as votacións para a elección de representantes dos pais e nais no Consello Escolar do centro. Poden votar o pai e a nai.

Para facilitar a participación, a votación será de 9:00 a 9:30, de 13:30 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.

O voto é directo, secreto e non delegable, e farase constar na papeleta un máximo dun nome.

Son dúas as candidaturas presentadas que cumplen cos requisitos esixidos.

Damos as grazas pola vosa colaboración e pedimos a vosa participación dada a importancia que ten este órgano na vida do colexio.