Reserva de praza para o curso 2015/2016

 Lexislación:D. 254/2012 do 13/12/2012 (DOG do 26/12/12)

 

  • Orde do 12/03/2013 (DOG do 15/03/2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

 

  • A solicitude de RESERVA DE PRAZA presentarase no centro de preferencia

                            do 2 ao 23 de marzo (incluídos).

 

 

Para facer esta reserva é preciso cubrir un impreso (Anexo II, modelo oficial do DOG 15/03/2013) que se facilita no propio centro e que pode ser solicitado por teléfono ou obtido do DOG na páxina da Xunta, e o Anexo A que tamén será facilitado no colexio . As solicitudes deben estar completamente cubertas.

 

Xunto con estes impresos entregarase:

 

   -Fotocopia do libro de familia onde apareza o neno ou nena, ou do D.N.I.

 

-Certificado de empadroamento no que consten todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio. O número de membros da unidade familiar é o referido ao día 28 de febreiro de 2015.

 

-Alumnado xa matriculado noutro centro no curso actual nun nivel de Primaria: Certificado de matrícula do centro actual (Deberán remitir ao centro de orixe copia da nova solicitude de admisión art. 9.3 e 13.2.d) 2º da O. do 12/03/2013)

 

-En caso de separación ou divorcio, documento acreditativo e sinatura conxunta na solicitude (art. 14.4 da O. do 12/03/2013)

 

-Se se opta pola baremación da proximidade do colexio ao lugar de traballo, facelo constar na solicitude, tendo en conta que afectará a todos os centros relacionados na propia solicitude (art. 22.1 da O. Do 12/03/2013)

 

(Deben ser documentos orixinais ou copias cotexadas. Neste caso farémolo no propio centro)

 

Debe considerarse que o número de membros da unidade familiar é o referido ao día 28 de febreiro de 2015.

 

 

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN (Orixinais ou copias cotexadas)

 

  • Ter irmáns no centro: Fotocopia completa do libro ou libros de familia (art.20.4 da O. Do 12/03/2013). Non se obterá puntuación cando o/a irmán/a estea matriculado no último curso ofertado, no noso caso 6º.

  • Proximidade do colexio ao lugar de traballo (Ver art. 22.6 da O. do 12/03/2013)

  • Renda anual per cápita da unidade familiar (Ver art. 23 da O. do 12/03/2013)

           VALORACIÓN DA RENDA FAMILIAR PER CÁPITA

         Determinarase a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral  

         (casiña  366) e da base impoñible de aforro (casiña 374) das declaracións de  

         renda de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de

         membros desta. O IPREM a aplicar é o correspondente ao ano 2013

         (6.390,13 euros).

  • Condición de familia monoparental: fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador (art. 25.2 da O. do 12/03/2013)

  • Criterio complementario do centro: (art. 28 da O. do 12/03/2013)

  • -Outros criterios ou casos (os relacionados na O. do 12/03/2013)

 

 

NO NOSO CENTRO PÓDESE ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN:

 


DE 9:00 A 9:50 E DE 13:10 A 14:00 POLA MAÑÁ E DE 16:00 A 18:00

(PREFERIBLE OS MARTES NESTE ÚLTIMO HORARIO DE TARDE)

 

Hai que ter en conta:

 

1.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza

en primeiro lugar e nela débense relacionar por orde de preferencia outros centros que se desexen

para o caso de non obter praza nese primeiro, advertindo que a infracción determinará a perda dos

dereitos de prioridade que poidan corresponderlle e dita duplicidade pasará a depender da Comisión

de Escolarización ao final de todo o proceso.

 

 

 

2.- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión

noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

 

 

3.-O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto

deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de

admisión.

 

 

 

  • De non ter o centro prazas suficientes para todas as solicitudes será preciso facer unha baremación. Neste caso presentarase a documentación xustificativa dos criterios de admisión alegados, dende o 25 de marzo ao 7 de abril.

  • Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.

  • Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.

  • A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario.

 

 

O alumnado que non proceda da área de influencia do centro NON TERÁ DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR (O. do 12/03/2013, art. 6.1)

 

 

O noso colexio conta tamén co servizo de Comedor Escolar xestionado pola ANPA.

 

Faise constar que o CEIP Mestres Goldar está adscrito ao IES de Valadares

 

 

A ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO, a nº 8, comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguindo a Avda de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluíndo a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de As Carneiras-Matamá.

 

 

 

ACLARACIÓNS SOBRE ZONA EDUCATIVA 8

 

Rúa Portoloureiro: É da nosa zona dos nº 1 ao 37 e do 2 ao 50. O resto é de Beade.

 

Rúa Fontesanta: É da nosa zona do 42 ao 64. Do resto, unha parte é de Sárdoma (39 1º final e 66 ata o final) e a outra de Freixeiro.

 

Rúa Francisco de Sales (paisaxista): É da nosa zona do 2 ao 34 e os impares todos.

 

Rúa Francisco Rey Rivero (músico): É da nosa zona do 1 ao 33 e todos os pares.

 

Rúa Baixada á Laxe: É da nosa zona dos nº 1 ao 9, 29 a 35, 2 ao 48 (sempre se inclúen os citados). Os restantes son de Freixeiro.

 

Baixada á Pontenova: É da nosa zona do 85 ao final e do 90 ao final).

 

Rúa Finca dos Aires: Son nosos os números 2 e 4.

 

Tfnos de consulta: Concello: Estatística (padrón municipal) tfno 010; rueiro: 986 810 132.

 

 

 

AS ÁREAS LIMÍTROFES son a 7, a 9, a 12 e a 13.

 

 

Enlaces de interese: