Comedor Escolar
SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2019/20
ACCESO AO SERVIZO:
O comedor está en funcionamento desde o primeiro día do curso.
Para acceder ó servizo de comedor é imprescindible SER SOCI@ DA ANPA (os nenos/as bolseiros/as tamén), e inscribirse como usuari@ do mesmo cubrindo o impreso correspondente que será proporcionadao pola ANPA. Pode facerse uso do mesmo de forma continuada ou ocasional.
RESPONSABLE(S) DA XESTION DO COMEDOR:
A ANPA designará unha ou varias persoas responsables de coordinar, xestionar e controlar o bo funcionamento do servizo do comedor. Estas persoas servirán de enlace entre as familias, persoal coidador, colexio, ANPA, FOANPAS e empresa provedora do servizo. En ningún caso o colexio poderá levar a cabo a oferta do servizo de comedor, se non existe a figura do responsable de devandito servizo.
HORARIO:
O servizo de comedor funciona de luns a venres en horario de 14:00 a 16:00.
A recollida do alumnado usuario deste servizo por parte das familias terá que facerse ás 15:15 hs ou ás 15:45hs na porta do edificio de aulas. Prégase máxima puntualidade.
De 15:45 a 16:00hs o persoal de comedor organizará a saída do alumnado que regresa en autobús ou participa en algunha actividade extraescolar.
O número de teléfono do comedor para avisar de calquera problema ou posible retraso de luns a venres é 669 293 967 (en horario de comedor).
Todos os/as usuari@s do comedor o día que non asistan, deben comunicalo na A.N.P.A., antes das 09:15 h. Os/as nen@s bolseir@s tamén teñen que avisar da non asistencia pois o Concello esixe ás ANPAS un parte de faltas. De non facelo poden perder a axuda do Concello.
Teléfonos de contacto do servizo de comedor (A.N.P.A.): 886 120 095 para pedir ou anular pratos de 09:00 h. ata as 09:15 h.
PREZOS:
Os prezos aprobados polo Consello Escolar para o curso 2018-2019, son:
5 días/semanais = 59,00 €/mes
4 días/semanais = 49,00 €/mes
3 días/semanais = 38,00 €/mes
2 días/semanais = 27,00 €/mes
1 día/semanal = 15,00 €/mes
1 semana/mes = 20,00€/mes
Fixos día extra = 5,00 €/día
Esporádicos = 6,00 €/día
O pagamento do comedor efectuarase preferentemente facendo un ingreso na conta bancaria nº ES23 2080 5087 6230 4001 1426 (Abanca), ou directamente nas oficinas da ANPA do 25 do mes anterior ata o 5 do mesmo mes. No caso de non facelo o/a nen@ non poderá seguir asistindo ó comedor. No ingreso deberá constar o nome do neno/a.
Os meses de setembro, decembro e xuño, terán o mesmo custo que os restantes meses do ano escolar, esto débese á media do cómputo total do ano escolar.
No caso de ausencia continuada ó colexio de máis de 5 días lectivos, por enfermidade ou similar, o importe correspondente a estes días de ausencia no comedor será devolto facendo o desconto correspondente no recibo do mes seguinte, sempre e cando se comunicase dentro do prazo establecido pola ANPA .
Extraordinariamente, o alumnado de 4º de educación infantil que se incorpore no mes de setembro ó comedor unha vez finalizado o periodo de adaptación, só abonará os días que efectivamente asista o mesmo.
DIETAS:
Os nenos/as que requiran unha dieta especial por problemas de saúde (intolerancias, alerxias …) deberán achegar informe médico onde consten os alimentos que non poden ser consumidos.
Nos casos esporádicos de problemas de saúde (dietas brandas por trastornos gastrointestinais, por exemplo) deberán comunicalo á ANPA antes das 9:15 h., para poder facer efectivo o cambio de dieta.
HIXIENE:
Todos aqueles nenos/as que queiran cepillar os dentes no comedor, teñen que traer o seu cepillo e vaso de plástico, co nome e curso nun neceser, que volverá todos os días para a casa, sendo responsable cada familia da súa hixiene.
A pasta de dentes empregada será exclusivamente a proporcionada pola ANPA, tendo unha para Educación Infantil e outra para Primaria.
Esta actividade é voluntaria, polo que non se obrigará a ninguén a facela.
As persoas responsables do comedor non van cepillar dentes. Este hábito ten que vir adquirido da casa.
Aviso para os solicitantes de beca de comedor:
Segundo nos indican desde o concello, a resolución de becados non sairá ata o mes de outubro. Por este motivo, as familias que solicitástedes a beca:
- No caso de que xa tivesedes beca concedida o curso anterior: os nenos/as poden asistir a comedor desde o primeiro día, coa condición de que se finalmente non vos conceden a beca, teredes que abonar os días que efectivamente asistiu ó comedor.
- No caso de que o curso anterior non tiverades beca: debedes pagar a cuota correspondente, e se despois vola conceden, devolveremos o importe pagado.
As persoas responsables do comedor non van cepillar dentes. Este hábito ten que vir adquirido da casa.
Aviso para os solicitantes de beca de comedor:
Segundo nos indican desde o concello, a resolución de becados non sairá ata o mes de outubro. Por este motivo, as familias que solicitástedes a beca:
- No caso de que xa tivesedes beca concedida o curso anterior: os nenos/as poden asistir a comedor desde o primeiro día, coa condición de que se finalmente non vos conceden a beca, teredes que abonar os días que efectivamente asistiu ó comedor.
- No caso de que o curso anterior non tiverades beca: debedes pagar a cuota correspondente, e se despois vola conceden, devolveremos o importe pagado.