NOTA INFORMATIVA

 

Estimadas familias:

    Como consecuencia da última Orde sobre horarios e atención do alumnado, promulgada pola Consellería de Educación, informámoslles da seguinte norma referente ao alumnado que regrese do centro educativo ao seu domicilio:

“Ao remate da xornada lectiva (14:00 hs.) todo o alumnado (infantil e primaria) será entregado á nai, pai ou titor/a legal; que deberá recollelo na zona de entrada do edificio de aulas (onde estará acompañado de profesorado do centro).
“Para que outra persoa adulta poida recoller ao alumnado deberá enviarse á titoría unha autorización firmada pola nai, pai ou titor/a legal.”

Aproveitamos esta nota para recordarlles que a hora de inicio da xornada lectiva é as 9:00 hs. Polo tanto deben saber que a responsabilidade do alumnado non transportado é da familia ata esa hora.


    Agradecendo de antemán a súa colaboración aproveito para desexarlles un bo curso 2012/2013 e saudalos atentamente.

 

                        Setembro de 2012


        O Director