Para conmemorar o día da Paz realizamos unha xuntanza de delegados onde decidimos poñerlle moita música, cor e boas palabras a este fermoso día.
Fixemos unha selección e exposición de contos relacionados coa paz, o benestar emocional, a non violencia, a convivencia...
O mundo foise enchendo de cores e escoitamos cancións da paz no recreo que seleccionamos en cada aula.
O noso planeta comezou a encherse de palabras fermosas por todos os continentes...
Ata ocupar mares, océanos, países, illas...
E para rematar recollemos os nosos biblicromos do día da paz e a non violencia: