Skip to Content

BOOKCROSSING

O chamado bookcrossing comenzou aló polo ano 2001 en Estados Unidos. Basicamente consiste en crear unha rede global de libros que atravese no tempo e no espazo, que non coñeza límites xeográficos e cuxa meta, simplemente, é converter o mundo nunha grande biblioteca.

Trátase en definitiva en deixar libros en espazos públicos para que outros lectores o recollan e logo eles fagan o mesmo. A idea e deixar viaxar libremente os libros para que poidan ser encontrados por outras persoas.

Dende a nosa biblioteca pretendemos darlle un sentido máis amplo a este termo, entendendo o bookcrossing como unha práctica de compartir libros e recursos de lectura entre o alumnado, profesorado, familias, centros e institucións próximas da contorna.

As nosas iniciativas de bookcrossing pasan por:

 

 

  • As actividades e recuncho bookcrossing buscan favorecer o intercambio de libros entre o alumnado do centro.

 

  • Bibliofamilias é un espazo aberto a que as familias collan prestados diferentes libros de temática adulta e tamén poidan realizar doazóns de libros para comunidade escolar.

 

  • Preténdese favorecer o préstamo e cooperación entre centros no marco dunha rede de colaboración entre bibliotecas escolares especialmente no relativo a libros de lectura colectivos. No seguinte enlace podes acceder ao catálogo de títulos de lectura colectivos dos que dipoñemos, así como o número de exemplares.

 

  • Se eres dun centro educativo da contorna e queres facer uso deles só tés que chamar ao centro e solicitalo (Teléfono: 886110488). Se a colección está dispoñible poderás facer uso deles no prazo dun mes.

 

 

 

  • O centro tamén realiza doazóns a instutucións da contorna de exemplares de expurgo en bo estado.


page | by Dr. Radut