Skip to Content

PDI

GALA FIN DE CURSO "ALUCINE"

PARA CELEBRAR O REMATE DE CURSO CONVIDAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA Á GALA FIN DE CURSO "ALUCINE" ONDE PODEREMOS GOZAR DAS PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS CREADAS POLO ALUMNADO AO LONGO DO ANO.

ESTE FESTIVAL DE CURTAS REALIZARASE O MÉRCORES 21 DE XUÑO, DE 10:30 A 12:00, NA CASA CULTURAL DE MOUGÁS.

ANIMÁDEVOS A ASISTIR!!!

LETRAS GALEGAS ~ 2023

Neste ano de cine, facemos entrega dunha revista escolar de película. 

Collede os flocos de millo e a gozar!!

ENTROIDO 2023

Álbum: CURSO 2022-2023 -> ENTROIDO 2023

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Hoxe disfrazámonos das nosas personaxes favoritas. Moitas películas, moitas historias. 

ÁRBORE DE NADAL

ÁRBORE DE NADAL DE CINE

No cole elaboramos unha árbore de Nadal con material reciclado facendo referencia a temática de cine do noso proxecto anual. A que nos quedou orixinal!

CINÉFILOS DO ARRABAL #2

Segundo programa de "CINÉFILOS DO ARRABAL", o programa das nenas e nenos de 2º curso de E. P. do CEIP M. Manuel García de Oia (Pontevedra) onde nos falan das películas que están a ver este ano no cole. Neste programa "Sonic, a película". Dádelle ao play e a desfrutar!!!

CINÉFILOS DO ARRABAL #1

Primeiro programa de "CINÉFILOS DO ARRABAL", o espazo das nenas e nenos de 2º de E.P. do CEIP M. Manuel García de Oia (Pontevedra). Neste programa falámosvos de "Abominable".

Distribuir contido


by Dr. Radut