Skip to Content

PDI

TOLEMIAS INIMAXINABLES 10

Último programa deste curso de Tolemias Inimaxinables, o programa máis tolo da Radio Arrabal. Neste programa anécdotas coa estación meteorolóxica, o noso científico preferido e o seu mundo cos tomates, viaxe e investigacións ao "Cano dos Mouros", entrevistas tolas a o noso amigo Calipo e ataques de xabaríns. Tamén a última pregunta do concurso do Arrabal, e para o próximo venres entrega de premios. Xa non queda nada!!!

A voar nas ondas da Radio Arrabal!!!

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 9

Noveno programa de Tolemias Inimaxinables, o programa máis tolo da Radio Arrabal. Esta semana desprazámonos ao curro de Mougás e alí falamos cun invitado moi especial. Máis historias e sucesos varios que nos ocorren día a día, ata unha viaxe sorpresa ao antigo Exipto. E non vos olvidedes do concurso da Radio Arrabal que queda pouco para a gran final. A voar nas ondas do Arrabal.

 

TOLEMIAS INIMAXINABLES 4

Xa está aquí o cuarto programa de "Tolemias Inimaxinables" o programa máis tolo da Radio Arrabal. Nesta ocasión falamos do Día Mundial da Radio, de planetas e do fin do entroido. Tamén nos desprazamos a un lugar único, ás "Pozas de Mougás" onde coñecemos a unha personaxe moi especial.

Por certo, non vos olvidedes de participar no concurso da Radio Arrabal, desta vez "pregunta dobre":

1.- Que río descende polas pozas de Mougás?

2.- Entre que anos viviu o loro Ravachol do entroido de Pontevedra?

Xa sabedes, collede un papeliño e escribide as respostas ás dúas preguntas, o voso nome e curso e para dentro do buzón da radio.

Moita sorte a to@s! 

Exposición OIADORES

Esta semana, xs nenxs de 4º de Ed. Primaira estreamos a exposición fotográfica e documental daqueles sitios de Oia que nos parecen de máis importancia. Nove fotos con nove audios en formato QR, onde poder coñecer un pouquiño máis o noso concello. Anímate a visitala.

GALA ALUCINE! 22/23

 

 

 

 

 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> gala ALUCINE

FESTIVAL ALUCINE!

 

 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> gala ALUCINE

Radio Arrabal con Arbricias e Helen & Shanna

Chegou o último programa deste curso 2022-2023. 

Radio Arrabal despídese ao grande cun programa en directo que conta coa presenza de tres invitados moi especiais: Arancha Brandón, Arbricias de nome artístico, directora de cine nacida na Guarda acompañada pola música de Helen & Shanna, interpretada por dous dos seus integrantes (Óscar e Alberto).

Radiooíntes, boas vacacións e bo verán! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut