É unha avaliación do sistema educativo establecida na nova lei educativa estatal para todas as comunidades autónomas. Trátase dunha ferramenta para contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación a través do coñecemento do grao de adquisición das distintas competencias por parte do alumnado.
Non é unha avaliación do alumnado. Polo tanto, non hai datos nin cualificacións individuais, non hai información que incorporar ao expediente académico do alumno/a e non existirán informes con orientacións individualizadas. En conclusión, a avaliación de diagnóstico non ten ningún efecto académico.
Que competencias se analizan?
Analizaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira Alemán, Inglés, Francés e Portugués segundo a matrícula do alumnado).
A quen se dirixe? A todo o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria de todos os centros educativos de Galicia.
Cando se realiza?
Realizarase durante os días 10 e 11 de abril de 2024.
O pasado 22 de marzo, o noso colexio encheuse de versos e aromas primaverais coa celebración conxunta do Día da Poesía e da Árbore. Nesta ocasión, quixemos unir ambas efemérides nunha actividade orixinal que fusionou a creatividade poética coa apreciación pola natureza.
Ao longo da semana previa ao evento, cada curso do colexio embarcouse na emocionante tarefa de crear un poema dedicado a unha das árboresque adornan o noso patio. Desde o maxestosa senlleira sobreira, emblema do noso centro, até os coloridos rosais do espazo rosaliano, cada árbore converteuse en musa inspiradora para o noso alumnado.
Os poemas resultantes foron recopilados nun gran cartaz en forma de libro, titulado "As árbores do Sueiro", situado no corredor que conduce á biblioteca. Este mural converteuse nun espazo de encontro entre a literatura e a natureza, un lugar onde as palabras e as follas únense para celebrar a beleza da nosa contorna.
O 22 de marzo, a maxia cobrou vida cun roteiro literario polo patio. Guiados polos seus mestres e mestras, o alumnado de cada clase percorreu as diferentes árbores, recitando con entusiasmo os poemas que tiñan creado e traballado na aula. Os versos resoaron entre as ramas, enchendo o aire de sensibilidadee emoción.
O broche de ouro púxoo a chegada ao espazo rosaliano, onde toda a comunidade educativa se reuniu para escoitar a recitación do poema "Dicen que no hablan las plantas" de Rosalía de Castro. Rodeados de rosais a punto de florecer, as palabras da poetisa galega resoaron con especial forza, recordándonos o poder transformador da poesía e a beleza da natureza.
Esta iniciativa, que combinou aprendizaxe, creatividadee conexión co entorno natural, foi un éxito rotundo entre o alumnado e profesorado. Celebramos a unión da poesía e a árbore nun día memorable que nos brindou a oportunidade de explorar a beleza do linguaxe e a importancia de coidar o noso medio ambiente.
Parabéns a todas as persoas participantes pola súa creatividade e entusiasmo!
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o martes 19 de marzo a terceira das sesións do Plan Vixía organizado pola concellería de Sanidade de Ourense sendo unha iniciativa que promove a prevención e a promoción da saúde entre a mocidade.
A terceira das sesións centráronse no consumo de sustancias relacionadas coas drogas, tanto legais como ilegais e a problemática para a saúde sobre todo na dependencia das mesmas.
Obradoiro sobre estereotipos de xénero no CIFP Portovello
O 12 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria do noso cole tivo a oportunidade de participar nun obradoiro organizado polo CIFP Portovello sobre estereotipos de xénero e a súa presenza nos medios audiovisuais.
O taller, impartido polo alumnado do CIFP Portovello, comezou cunha dinámica de grupo na que os alumnos e alumnas reflexionaron sobre os roles de xénero que se mostran nos debuxos animados. A continuación, analizaron varios exemplos de series e películas infantís, identificando os estereotipos de xénero presentes e como estes poden influír na percepción que os nenos e nenas teñen de si mesmos e do mundo que os rodea.
Na segunda parte do obradoiro, os alumnos e alumnas participaron nunha actividade práctica na que debían vestir a unha boneca de acordo a un contexto inventado por eles mesmos, tendo en conta a idade, a profesión e a personalidade do personaxe. Esta actividade permitiulles aos nenos e nenas desenvolver a súa creatividade e poñer en práctica o aprendido sobre os estereotipos de xénero.
O obradoiro rematou cunha posta en común na que os alumnos e alumnas compartiron as súas experiencias e opinións sobre os estereotipos de xénero.
Tanto o profesorado como o alumnado participante valoraron moi positivamente o obradoiro. Os alumnos e alumnas destacaron a utilidade da información proporcionada e a diversión das actividades realizadas.
Este obradoiro permitiu ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria tomar conciencia da existencia dos estereotipos de xénero nos medios audiovisuais e de como estes poden influír na súa vida.
O obradoiro tamén contribuíu ao desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado e ao fomento da igualdade de xénero no ámbito educativo.
Queremos agradecer ao CIFP Portovello a organización deste obradoiro, así como ao alumnado que o impartiu pola súa dedicación e profesionalidade.
O Día Internacional da Felicidade enche de cor o noso colexio!
O 15 de marzo, adiantamos a celebración no noso colexio do Día Internacional da Felicidade cunha iniciativa, organizada polo EDL en colaboración co equipo de biblioteca, chea de creatividade e cor: unha galería de arte con cartaces alegóricos realizados por cada un dos nosos alumnos e alumnas.
A actividade, enmarcada no proxecto de inclusión do centro, convidou aos estudantes a reflexionar sobre o que lles fai máis felices. Desde pequenos detalles cotiás ata grandes soños e aspiracións, os carteis plasmaron a diversidade de emocións e experiencias que conforman a felicidade para cada neno e nena.
Familias, profesores e persoal do centro poden desfrutar da exposición, que encheu de ledicia e positividade os corredores do colexio. Os nenos e nenas orgullosos e orgullosas das súas obras, explicaron con entusiasmo as súas creacións e compartiron cos seus compañeiros que lles fai sorrir.
Esta iniciativa non só fomentou a creatividade e a expresión artística do alumado, senón que tamén reforzou a importancia da felicidade como un valor fundamental na vida.
Parabéns a todos por unha celebración chea de cor e ledicia!
O 11 de marzo, como parte das actividades programadas para celebrar o Día Internacional da Muller, o grupo de teatro Trócoladeleitounos coa representación do conto "O Tesouro".
"O Tesouro" levounos nunha aventura chea de risas e aprendizaxe, onde a igualdade entre nenos e nenas converteuse na protagonista. A través dunha historia mágica e personaxes entrañábeis, a obra convidounos a reflexionar sobre a importancia de romper estereotipos e construír un mundo onde todos e todas teñamos as mesmas oportunidades.
Os nenos e nenas gozaron dunha experiencia interactiva e enriquecedora. Emocionáronse coas cancións de sempre pero con letras de hoxe, riron coas ocurrencias das personaxes e conmovéronse co mensaxe de igualdadee respecto.
Desde o colexio, queremos agradecerao grupo de teatro Trócola polo seu talento e compromiso. A súa representación de "O Tesouro" foi un agasallo inavaliable para os nosos alumnos e alumnas, nun día tan importante como a semana do Día da Muller.
Seguimos traballando por unha educación en igualdade!
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o martes 5 de marzo a primeira das sesións do Plan Vixía organizado pola concellería de Sanidade de Ourense sendo unha iniciativa que promove a prevención e a promoción da saúde entre a mocidade.
A primeira das sesións o Educador Social, Félix, centrouse no traballo en equipo, a importancia da responsabilidade, colaboración, respecto, traballo en equipo e a importancia de coñecernos aumentando a nosa autoestima e autoconcept,.
Xa estamos desexando realizar a segunda e última das sesións para ver con que nos sorprenden...
De novo, e seguindo as programacións didácticas de cada curso, dende a área de educación física nos niveis de 3º e 4º de educación primaria, comezamos a práctica de ACROSPORT.
A ximnasia acrobática tamén coñecida como acrosport trátase dunha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1999) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia dende 1999.
O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos e xiros, así coma movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras e pirámides corporais. En todo momento debe existir armonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Todos estes elementos son idóneos para ser traballados dende a área de educación física.
O alumnado espera impaciente todos os anos por esta actividade e disfrútano moito.
Ademais os resultados son moi vistosos como poderedes observar nas seguintes imaxes.
O cole encheuse de xornalistas durante a primeira semana de marzo, coa celebración da Semana da Prensa. O alumnado tivo a oportunidade de mergullarse no fascinante mundo dos medios de comunicación e aprender sobre o proceso de elaboración de novas.
Ao longo da semana, realizáronse diversas actividades tanto na aula como na biblioteca escolar. Os alumnos de primaria gozaron de talleres nos que aprenderon sobre os diferentes tipos de xornais, como identificar as noticias falsas e a importancia dun xornalismo responsable, e a elaborar noticias ben estruturadas.
Esta iniciativa permitiulles aos estudantes desenvolver o seu espírito crítico, fomentar a lectura e a escritura, e comprender o papel fundamental que xogan os medios de comunicación na nosa sociedade.
Nas seguintes ligazóns podedes observar algunhas das actividades realizadas:
A semana do 8 de marzo, o noso colexio encheuse de cor violeta e esperanza para conmemorar o Día Internacional da Muller. Baixo o lema "Sementando igualdade", a comunidade educativa uniuse nunha serie de actividades para celebrar os logros das mulleres e reivindicar a igualdade de xénero.
O día da muller non é algo que se deba celebrar un día en concreto e olvidar o resto do ano, por eso, xa o día 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, unha muller reivindicativa, que proclama a liberdade das mulleres. Esa liberdade da que falamos a expón no artigo “Lieders” escrito por ela mesma, co cal as alumnas de 6º de Primaria celebraron o día lendo un pequeno fragmento.
Hoxe, o día da muller, resaltamos unha frase deste mesmo fragmento, reivindicando o mesmo que Rosalía, a liberdade de alma, corazón e pensamento das mulleres: “…libre es mi corazón, libre mi alma y libre mi pensamieto…”
Ademais deiso, para celebrar o día 8 de marzo, no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro lembramos ás mulleres importantes das nosas vidas recorrendo a elas pedíndolles un zapato. Ese zapato, que representa a importancia que esas mulleres teñen na nosa vida, pintámolo de morado, representando así a liberdade das mesmas, e plantamos un pensamento, para evocar as lembranzas que nos levan a elas.
Esta actividade fíxonos reflexionar a todos, alumnos e profesores, sobre as nosas propias vidas, as mulleres que nos deixaron pegada, e a importancia que estas teñen na nosa existencia, e seguiremos reflexionando, xa que todos os días debemos pensar nas mulleres, xa que sen elas, o mundo non sería mundo.
Botas lilas: un símbolo de esperanza
Durante a semana, cada alumno/a decorou unha bota ou zapato das súas nais , irmás, tías, avoas... en cor lila. Estas botas, convertidas en orixinais testos, foron o símbolo das "sementes de esperanza" que plantamos a prol da igualdade. Cada planta representa o noso compromiso cun futuro onde homes e mulleres teñan as mesmas oportunidades.
Un manifesto pola igualdade
O 8 de marzo, o alumnado de 6º de Educación Primaria leu un emotivo manifesto sobre a igualdade de xénero, escrito pola icónica poeta galega Rosalía de Castro. As súas palabras, cheas de forza e significado, resoaron no colexio, recordándonos a importancia de seguir loitando por un mundo máis xusto e igualitario despois de case 200 anos de ser escritas.
Posteriormente, o alumnado de 5º e 6º curso interpretaron la canción "Flowers" de Miley Cyrus, un himno ao empoderamento feminino que encheu de enerxía a aula de psicomotricidade do noso cole.
Un xardín pola igualdade
Por mor do tempo, non nos foi posible decorar o noso xardín cos testos elaborados para a ocasión o día 8 de marzo. Esta actividade quedou adiada para a semana seguinte, na que cada alumno/a depositou a súa "semente de esperanza" nun lugar do patio do colexio. Este xardín, cheo de flores, moitas delas lilas, moradas e violetas, converteuse nun símbolo visible do noso compromiso coa igualdade de xénero.
Unha mensaxe para o futuro
A semana "Sementando igualdade" foi unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa. A través das actividades realizadas, reflexionamossobre a importancia da igualdade de xénero e plantamos as sementes para un futuro máis xusto e igualitario.
Seguimos traballando por un futuro onde as nenas e as mulleres poidan alcanzar o seu máximo potencial!