25N

O alumnado do CEIP Manuel Sueiro xúntase para conmemorar o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller

Unha xornada educativa na loita contra os micromachismos.

Nunha fermosa iniciativa educativa, o alumnado do CEIP Manuel Sueiro reuniuse para conmemorar o Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller, destacando a importancia da concienciación e o diálogo na erradicación dos micromachismos.

O 27 de novembro, no CEIP Manuel Sueiro, a comunidade educativa sumouse á conmemoración internacional do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller cun enfoque único: abordar o micromachismo. Os nenos e nenas de todos os niveis educativos participou activamente na reflexión e sensibilización sobre este tema relevante.

Na semana previa ao acto, o profesorado do centro organizou sesións de traballo na clase, onde os nenos e nenas exploraron e debateron diversos micromachismos presentes na vida cotiá. Desde comentarios aparentemente inofensivos ata actitudes sutís que perpetúan os roles de xénero, o alumnado debateu e comprendeu a importancia de identificar e combater estes comportamentos dende pequenos.

O colofón desta experiencia tivo lugar na aula de psicomotricidade do centro durante a celebración do Día para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O alumnado tivo a oportunidade de compartir os seus descubrimentos e aprendizaxes co resto da comunidade educativa.

Baixo a atenta mirada do profesorado e persoal do centro, o alumnado expresouse de xeito creativo, utilizando presentacións visuais e representacións teatrais para concienciar aos seus compañeiros e compañeiras sobre a importancia de eliminar os micromachismos en todas as etapas da vida.

A nosa comunidade educativa entende que é fundamental ensinar ao noso alumnado sobre a igualdade de xénero e como erradicar o micromachismo dende pequenos. Cremos na formación. de cidadáns conscientes e respectuosos.

A xornada concluíu co compromiso colectivo da comunidade educativa do CEIP Manuel Sueiro de seguir traballando para construír un ambiente escolar libre de violencia e discriminación de xénero. Este enfoque integral da educación e da concienciación social segue a amosar o compromiso do centro coa educación integral do seu alumnado.

Orange the word!

Seguindo as suxestións das Nacións Unidas, no cole seguimos coa teima de ORANGE THE WORLD! Queremos un mundo no que as mulleres e as nenas teñan un futuro brilante, que todas podamos SHINE, SHINE, SHINE.

A UNESCO anímanos este ano a levar a nosa ORANGE UMBRELLA! Do mesmo xeito que os paraugas nos protexen da chuvia, as orange umbrellas nos protexen da violencia de todo tipo exercida sobre mulleres e nenas.

As nenas e menos de E. Primaria elaboraron as súas propias umbrellas, e os peques de E.Infantil, uníronse nunha BIG UMBRELLA, debuxando as súas mans dentro dela, a xeito de paraugas protector.

25th NOVEMBER

International
Day  for the
Elimination of
Violence against
Women

O rato canguro

0 21 de novembro e dentro das actividade organizadas para conmemorar o 25 de novembro, a  Concellería de Igualdade, ofertounos unha actividade de contacontos de sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero: "O rato canguro" coa finalidade principal de romper os estereotipos de xénero desde a infancia.

Os obxectivos específicos desta proposta son, entre outros:

  • Fomentar valores de igualdade entre nenas e nenos.
  • Promover a educación non sexista.
  • Romper cos roles ou estereotipos de xénero.
  • Impulsar a corresponsabilidade nos coidados.

O rato Fuco visitou o noso cole acompañado dun bebé ao que tivo que coidar: Chámase Cochin, e é un fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do Conto “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fóra da casa e Tomás hoxe non pode atender o pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco foi o escollido para facerse cargo de Cochín.

Durante a contada, deulle de comer, lavouno, cambioulle o cueiro, contoulle contos e mesmo lle cantou un arrolo para o adormecelo, demostrando que en Lonxe de todo os coidados son unha tarefa compartida por ratos e ratiñas.

Exposición 25N na biblioteca

Ao longo do es de novembro na biblioteca estiveron expostos libros e contos sobre a violencia de xénero para levar para a casa. A lectura en familia é unha forma de educar sobre a violencia de xénero e a igualdade. Moitas veces cústanos falar cos nosos fillos e fillas sobre algúns temas, abordalos dende as lecturas pode axudarnos a reflexionar xuntos e favorecer a comprensión.

Pensar no 25 de novembro implica coñecer a importancia de comezar a educar en valores de igualdade dende cedo.
Recomendamos a lectura dunha serie de libros, para conseguir pouco a pouco unha igualdade real e que o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller sexa unha data que temos en conta cada día.

Artur e Clementina

Para conmemorar o Día internacional contra a Violencia de Xénero, as mestras María, Marta e Macu representaron un conto da sonada colección "A favor das nenas" de Adela Turín, titulado "Artur e Clementina" que consiste nunha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.

Unha posibilidade moi interesante que suscita a historia de Artur e Clementina é a formación da identidade, coñecéndonos e respectando como somos, para evitar adaptarnos a outra persoa ou a outra situación, anulando a nosa propia identidade e personalidade. Traballar co noso alumnado este conto e mostrarlles a infelicidade de Clementina por non facer o que quería, por verse obrigada a calar por medo a non dicir o que convén, a levar unha vida que a faga infeliz, vai permitirlle reflexionar sobre a necesidade humana de coñecerse e respectarse a un mesmo para logo poder buscar a outro que nos complemente e que nunca nos anule.

A partir do conto de Artur e Clementina fixemos un mural entre todo o alumnado do cole para afondar os cotidos do álbum ilustrado e fomentar e distinguir actitudes de respecto.

Ese día, ao entrar no cole, repartuise unha máscara de cor morado a cada membro da comunidade educativa reivindicando o 25 N como Día International contra a Violencia de Xénero.

Por último, resaltar que ao longo do mes de novembro realizamos unha exposición dos libros e contos que recomendamos ler nas casas coas nosas familias sobre a violencia de xénero.

Distribuir contido