Na festa de Nadal, previa ás vacacións, fixemos a entrega dos diplomas aos mellores lectores do primeiro trimestre que nesta ocasión foron os seguintes alumnos e alumnas:
No mes de outubre creamos un novo recanto de lectura para o alumnado máis cativo co material que solicitamos á Consellería de Educación e que nesta ocasión nos foi facilitado.
Agora, o alumnado dispón de novo mobiliario preto dos andeis onde se atopan os fondos destinados aos primeiros lectores.
O día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés aos novos socios da nosa biblioteca. Agora poderán levar os fondos da biblioteca que temos en empréstito para a súa casa.
Co carné, fixémoslle entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.
Este curso modificamos un dos últimos recantos que tiñan fondos desfasados da nosa biblioteca. Concretamente, os andeis que estaban destinados a material desactualizado do Grupo 0 da CDU. A comezo de curso expurgamos dito material e renovamos os andeis cuns novos que nos facilitou a Consellería de Educación.
O novo recanto da biblioteca, de momento, está adicado a material de uso exclusivo para o profesorado.
Neste curso foi mellorado o material informático da biblioteca coa incorporación de dous novos ordenadores de sobremesa que nos achegou a Conselleria de Educación.
Asemade, o centro mercou unha tablet para a biblioteca destinada fundamentalmente ao alumnado da aula de apoio, ou que presenta algún atranco no acceso á información dispoñible no material informático e audiovisual da biblioteca.
Ao longo do curso 2016/2017 funcionou o sistema de préstamos dos fondos da biblioteca. Todos os cursos teñen unha hora establecida, dentro do horario lectivo, para realizar as solicitudes de présamos. Asemade, tamén se fan empréstitos cando algún embro do equipo de biblioteca se atopaba de garda na biblioteca, Fundamentalmente foron tres mestres do equipo os que se encargaron de atender as demandas dos fondos da biblioteca neste curso.
Como en anos anteriores, un membro do equipo de biblioteca dedicouse a restaurar aqueles libros que presentan un deterioro grande pero que son “salvables”, e a arranxar aqueloutros que, por uso, presentan un desgaste considerable.
Neste curso, fundamentalmente, recuperou os dicionarios que presentaban un estado bastante deplorable debido ao seu uso. Ademais dos dicionarios, reparáronse un gran número de libros.
Asemade. como premio para os mellores lectores, elaboráronse uns caderniños que tiveron grande éxito entre o alumnado. O número aproximado de libros recuperados foi:
Grazas á colaboración da ANPA Limiar do noso cole, temos unha pantalla e un proxector novo instalado na nosa biblioteca.
Ditas instalacións son empregadas como aula de medios audiovisuais cando a ocasión o require; fundamentalmente en obradoiros, presentacións, conmemoracións...