Skip to Content

Complementarias

COÑECEMOS IN SITU O CONXUNTO ARQUEOLÓXICO DE SANTOMÉ

Os neno/as de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, fixemos un percorrido detallado polo castro de SANTOMÉ. Vimos como eran as casas dos antigos celtas, e, puidémoslas comparar cunha vivenda romana, situada no mesmo enclave. QUE AVANZADOS OS ROMANOS!!. O seu sistema de calefacción deixounos abraiados.  Ainda que o lugar era moi escarpado, pasámolo en grande.

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

O CLAUSTRO DE PROFESORES DESÉXAVOS A TODOS OS MEMBROS DESTA COMUNIDADE EDUCATIVA (NENAS/OS, NAIS/PAIS, AVOAS/AVÓS...)

UN BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!!

LEMBRADE QUE AO REMATE DAS VACACIÓNS VÉMONOS NO COLE O LUNS, DÍA 9 DE XANEIRO

DEICA ENTONCES, ESFORZÁDEVOS EN SER FELICES!!

MAGOSTO 2011

Como é costume nestas datas, celebramos no cole a tradicional FESTA DO MAGOSTO. Houbo unha gran FOGATA na que se asaron as CASTAÑAS. Tamén comemos BOLOS PREÑADOS, que deixaron pegadas vermellas nas nosas roupas.

Gustounos moito pintarnos uns a outros cos carbóns, así quedamos irrecoñecibles. Que divertido!!.

Tamén houbo no polideportivo un CIRCUITO DE XOGOS TRADICIONAIS, no que participaron todos os cursos. A continuación deleitádevos coas fotos do momento. As imaxes falan por si solas.

GRACIAS NENOS/AS POLA VOSA LEDICIA E PARTICIPACIÓN!!.

GRACIAS A TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES QUE PARTICIPOU NA PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO ACTO!

A VISITA DE PAPA NOEL

CHEGOU CARGADO DE AGASALLOS!! GRACIAS PAPA NOEL POLA TÚA GRAN XENEROSIDADE!

BO NADAL PARA TODOS/AS

CALENDARIO DE ACTIVIDADES NAVIDEÑAS

      * O martes, 21 de decembro, ¡ATENCIÓN! chega PAPÁ NOEL dos países nórdicos. Leva unha carga moi grande no seu trineo, por iso ven a modiño. Ben seguro que cando chegue ao noso cole, os renos alegraranse moitísimo de que se lles alixeire o peso

 

         * O día 22, mércores, ás 10:30 h, SS MM os REIS MAGOS DE ORIENTE, teñen unha cita en "MANUEL SUEIRO". Recibirémolos con moito entusiasmo e ledicia. Seica traen agasallos para todos. ¡Que teñades unha BOA VIAXE!. NON VOS MANQUEDES!.

E tamén o mércores 22. logo de despedir a SS MM, celebraremos o FESTIVAL DE NADAL. Esperamos que veñades a animarnos e a disfrutar dos nosos actos, estamos efectuando os derradeiros ensaios.

ASÍ CELEBRAMOS A FESTA DE HALLOWEEN

FOTOS FIN DE CURSO

ACTO LETRAS GALEGAS 2010

FOTOS ENTROIDO 2010

Distribuir contido


by Dr. Radut