Skip to Content

Novas

Visita ao IES As Lagoas

O 28 de xaneiro, o alumnado de sexto curso realizou unha visita de portas abertas ao IES das Lagoas que organizou o seu Director, D. Carlos Varela, para que se fosen familiarizando co centro que previsiblemente os acollerá a partir de setembro deste ano.

Fixemos un percorrido por diversas instalacións do centro: biblioteca; aulas, ximnasio, patios... e asemade, tivemos ocasión de preguntarlle ao alumnado de primeiro da ESO sobre aqueles aspectos que tiñamos dúbidas. Eles, amablemente, nos comentaron como foron os primeiros días de adaptación ao centro e nos adiantaron información sobre a dificultade coa que nos imos atopar á hora de estudar.

A xornada resultou moi proveitosa xa que resolvéronsenos moitos dos temores que tiñamos en mente e que nos estaban quitando o sono. Por outra banda, compartimos esta experiencia cos nosos futuros compañeiros do CEIP As Mercedes.

Xa estamos desexando que chegue setembro, aínda que imos botar de menos o noso querido cole do Manuel Sueiro.

Comezo do curso escolar 2018/2019

O 12 de setembro deu comezou o curso escolar 2018/2019 e tivemos o privilexio de contar coa presenza das autoridades locais para inicialo.

O Alcalde, a Concelleira de Educación, a Delegada da Xunta, a Xefa Territorial de Educación, O Inspector Xefe e o noso Inspector visitaron as aulas do noso centro e intercambiaron impresións con todo o alumnado.

Diferentes medios de comunicación locais e autonómicos deron cobertura á nova en diferentes espazos:

 

Mandas dos mecos 2018


 

Os mecos do Manuel Sueiro volveron tomar protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicaron puntalmente as súas mandas...

...non nos esquecemos de visitalos para poder cumprilas.

Luns Martes Mércores Xoves Venres

GALERÍA DE IMAXES

Concurso de logos para o centro

Rematado o prazo de presentación de logos para o centro, os membros do xurado tivérono moi difícil para escoller o gañador dada a altísima calidade dos traballos presentados, tanto en calidade como orixinalidade.

Desde aquí, queremos agradecer a todos e todas as participantes o seu esforzo e dedicación.

Na seguinte galería podedes observalos:

 

Este será o logo que identificará ao noso centro, a partir de agora:

Gañador do concurso

Solicitude de praza para o curso 2020/2021

Concurso logotipo para o colexio

O CEIP Manuel Sueiro non dispón actualmente dun logotipo que o identifique dun modo fácil, integrador, inequívoco e actual. O obxectivo deste concurso é a elaboración dun logotipo que ofreza unha nova imaxe do centro.

O logotipo será destinado a ser a imaxe representativa do CEIP Manuel Sueiro, en toda a difusión de información sobre o mesmo, a través de súa páxina web e outros documentos.

Poderán participar todos os membros da comunidade educativa cun máximo de dous traballos. Estes deberán ser orixinais e inéditos.

O prazo de presentación remata o 27 de xaneiro de 2018.

O responsable do logotipo gañador recibirá unha tablet como agasaio.

Bases do concurso.

Anímate e participa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut