O 17 de abril visitamos a exposición “O eco das amazonas”, do artista plástico ourensán Baldomero Moreiras, na sala Ángel Valente.
Como se de 35 planetas se tratase, Baldomero Moreiras, recupera do esquecemento a 35 mulleres pola súa contribución aos mundos da cultura, ás ciencias, á política...
Hai traballos sobre mulleres de moitas nacionalidades e séculos entre as que abondan mulleres galegas coma: Isabel Barreto, pontevedresa e 1ª almirante da historia en mares do pacífico; Mª Aurea Rodriguez tocaba a gaita no grupo As marabillas de Cartelle cos seus irmáns para saír da pobreza…
O alumnado e profesorado seguimos as explicacións que o artista nos ofreceu durante o percorrido que fixemos pola sala de exposicións, cunha parada especial na bola dedicada á muller que salvagardou o cadro de “As Meninas” de Velázquez (entre outros) do Museo do Prado, durante a Guerra Civil española, Mª Teresa León Goyre, trasladándoos ata Valencia.
VISITA ALUMNADO DE 1º E 2º ED. PRIMARIA
VISITA DO ALUMNADO DE 3º ED. PRIMARIA
Preme na imaxe para realizar a enquisa sobre quen realiza as tarefas no teu fogar:
Preme na ligazón para ver os resultados da enquisa:
Durante a semana do Día da Muller Traballadora realizamos diferentes actividades encamiñadas a fomentar a coeducación.
O alumnado traballou sobre o seguinte tema: "Que quero ser de maior?” imaxinando se fosen homes ou mulleres.
Parte do alumnado considera que a profesión escollida sería a mesma, independientemente de se fose home ou muller. Non se atopan diferenzas numéricas entre nenos e nenas.
Pola contra, unha porcentaxe considerable do alumnado segue cos estereotipos de profesións exclusivas para home ou muller: por exemplo homes deportistas, policías … e mulleres perruqueiras e enfermeiras.
Temos que seguir traballando moito para cambiar esta situación non só no colexio, senón que tamén nas familias e nos medios de comunicación.
Asemade, o alumnado de 6º pescudou información sobre varias mulleres matemáticas e elaborou a súa biografía.
O nacemento do Día Internacional da Muller, ao contrario do que se pensaba, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo.
CARMÉ LÓPEZ (Mujer actual)
Esta é unha celebración que as Nacións Unidas declararon no ano 1978, pero que ten a súa orixe no ano 1908 en Nova York.