Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos".
Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo.
A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes.
Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10.