Skip to Content

Biblioteca

Día da poesía

Este ano a semana na semana da poesía celebramos tamén o día do teatro e o día da árbores e da auga.

O Día da poesía, 21 de marzo, na biblioteca do centro realizamos a recitaxe dunha escolma de poemas que o alumnado escolleu e preparou nas súas clases coa axuda dos seus titores.

Os poemas foron moi diversos, así destacar autores como: Jorge Marique, José Luis Borges, Rubén Darío, Rafael Alberti, Antonio Machado, Lope de Vega, Pablo Neruda, Gustavo Adolfo Bécquer, José Espronceda e Blas de Otero.

Asemade, tamén tivo lugar a representación en teatriño de monicreques o conto titulado "The very hungry caterpillar" de Eric Carle.

 

Día da biblioteca 2017

Este ano no Día das bibliotecas, 24 de outubro, cada curso presentou ante os seus compañeiros o traballo que van  a desenvolver ao longo do curso dentro do PDI "Cada latexo... un pensamento" co que pretendemos aprender a pensar desde a biblioteca escolar en sintonía coa temática proposta desde a Asesoría de bibliotecas.

Os proxectos presentados foron os seguintes:

Presentación do PDI.
Trailler do PDI.
Mito de "Dédalo e Ícaro".

Talk once.
Listen twice.
Think many, many times.
And...

...BREATHE!

Galería de imaxes

 

Día do libro 2017

Galería de imaxes

Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:


Galería de imaxes


 


Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 

Día da Poesía 2017

O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, no noso cole, cun poemario, onde as linguas e a chegada da primavera tiveron un gran protagonismo.

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles os vídeos das diferentes actuacións:

Se premedes na seguinte imaxe accederedes á gañlería de imaxes.

Día da biblioteca 2016

O xoves 27 de outubro celebramos o Día das bibliotecas escolares, con tres días de retraso sobre a súa data oficial, para unificar a celebración co Samaín.

Programa de actividades:

Imaxe con realidade aumentada (Pasos a seguir)  

 

 

Día Mundial do Libro 2016

Día do libro

Como non podía ser doutro xeito, este ano tamén celebramos o Día do Libro no noso centro coa realización de diversas actividades. O tema central de case todas elas foi a figura de Cervantes e a súa obra principal, xa que se conmemoraba o IV Centenario da súa morte. Na galería de imaxes encontraredes os minilibros, manualidades, cadernos, poemas, cartaces ... que realizamos ao longo deste mes.

O 22 de abril, por caer en sábado o Día do Libro, realizamos os actos principais desta conmemoración coas seguintes actividades. Todas elas, podédelas observar nas ligazóns ao material multimedia que achegamos a continuación:

Galería de imaxes das actividades realizadas ao longo do mes de abril.

Galería de imaxes

 

La rana mudita

O poeta Carlos Ruvalcaba, na visita que nos fixo no mes de outubro, deixounos unha poesía inacabada titulada "La ranita mudita".

Durante a semana previa ao Día da poesía todo o alumnado do centro participou na elaboración de estrofas para completar dito poema. De forma encadenada, cada curso foi engadindo estrofas ao poema, comezado por Carlos Ruvalcaba.

Con todas as estrofas do poema, elaboramos un libro que achegaremos ao poeta mexicano. O Día da poesía, cada curso recitou as súas estrofas diante da fantástica exposición de traballos relacionados coas rás que realizaron os alumnos coa axuda das súas familias.

Galería de imaxes

Vídeo do poema

Para rematar esta festa da poesía, toda a comunidade educativa participou na interpretación da canción popular infantil "La rana cantaba debajo del agua".

Alicia no país das marabillas

O 26 de novembro celebramos no centro o 150 cumpleanos da primeira edición do libro de Lewis Carrol, Alicia no país das marabillas.

Ao longo de todo o mes, realizamos múltiples actividades arredor desta obra e do seu autor:

  • Na hora de ler, realizamos lecturas da obra e pescudamos sobre a vida e obra do seu autor, Lewis Carrol.
  • Na entrada do centro, realizamos un recanto de Alicia, no que fixemos unha exposición dos traballos plásticos realizados polo alumnado.
  • O equipo de biblioteca fixo unha exposición de todos os fondos que tiñamos na biblioteca e estiveron á disposición de toda a comunidade ducaiva.
  • O día anterior ao cumpleanos visionamos na biblioteca a película que Disney creou sobre o libro.
  • O día 26, parte do alumnado, guiado pola Reina de Corazóns e Coelliño Branco, fixo unha representación teatral coa que nos animaron e convidaron a participar na festa de cumpleanos de Alicia.
  • Como remate da celebración toda a comunidade educativa entonou o cumpleanos feliz.

PASÁMOLO XENIAL!!!

Galería de imaxes

 

O claro do bosque

O claro do bosque

O alumnado de 2º. 3º e 4º de Ed. Primaria realzou un libro ilustrado sobre a lenda "O claro do bosque" de Mónica Hughes que entregou á responsable da biblioteca do noso cole para que pasase a formar parte dos fondos documentais da mesma.

Como todo bo libro, i este o é, ten unha película que reflicte o seu contido cunha calidade excepcional segundo os críticos do sétimo arte...

Día das bibliotecas escolares 2015

Día das bibliotecas escolares

O 23 de outubro celebramos no CEIP Manuel Sueiro o Día das bibliotecas escolares (un día antes, por ser sábado) coa presenza de varias personalidades da cultura ourensá, entre as que destacamos a Xosé Lois Foxo, fundador da escola de Gaitas da Deputación, e Baldomero Moreiras, artista plástico ourensán. Ambos atenderon amablemente as nosas peticións para darlle vida e publicidade ao proxecto documental integrado (PDI), baixo o título de “Galiza arrecende a aventura” e que este ano estamos a desenvolver no centro e co que pretendemos explorar diversas temáticas onde  Galiza é o referente: o camiño, as lendas, as meigas, os castros, a xeografía, a gaita, as herbas medicinais...

O alumnado de 6º curso fixo unha representación teatral no que puxeron en liza o traballo feito en anos pretéritos e o que cada clase vai traballar este curso. Ao remate, todo o público presente foi animado a participar nun karaoke moi aventureiro nos que as nosas mestres de práticas e de conversa en inglés fixeron de animadoras.Asemade, ao remate fixeron entrega dun manual do explorador que nos axudará no noso camiño como investigadores.

Baldomero Moreiras falounos do seu traballo como profesional das artes plásticas e animounos a ser creativos e amosar os nosos sentimentos por medio da arte.

Xosé Lois Foxo falounos do instrumento musical máis importante de Galiza, e dos galegos, ensinounos cales son as diferentes partes dunha gaita e xunto coa súa compañeira de traballo Marta fixéronnos un recital de tres pezas moi representativas da nosa música: A muiñeira de Chantada,….

A continuación o alumnado de 2º, 3º e 4º compartiron con todos nós o traballo que estiveron a facer na “Hora de ler” durante o mes de outubro e que consistiu na ilustración do conto “O claro do bosque” de Mónica Hughes e a presentación, en exclusiva, da curta que realizaron cos seus debuxos sobre este conto.

Galería de imaxes

GALERÍA DE IMAXES

Distribuir contido


by Dr. Radut