A Orde do 27 de abril de 2016 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2016/17.
Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá que solicitar libros dos que existan nos fondos do colexio.
- O prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
As ordes e a documentación:
- Orde de solicitude de axuda para libros e material educativo.
- Instrucións para aplicar a Orde de axuda.
- Impreso de solicitude das axudas. É o mesmo impreso para as tres axudas (Libros 1º e 2º, fondo libros e material escolar).
- Só se cumprimentará un impreso por familia para alumnado do noso centro.
- Documentación que acompañará á solicitude.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2016/2017
Na seguinte ligazón podedes descargar e observar como queda a adxudicación provisional do Fondo de libro para o curso 2016/2017. Prazo de reclamación ata o martes 5 de xullo de 2016. Aquel alumnado que figura na lista sen adxucicación de libros, ou con menos de 4 libros, recibirán unha vez publicada a listaxe definitiva (o 6 de xullo) o número de libros que llle correspondan por renda (4 ou seis). Asemade, comunicámosvos que o alumnado de 1 e segundo de educación primaria xa pode pasar a recoller os cheques de material e libros de texto. O resto de alumnado do centro que solicitou cheque para material tamén pode pasar a recollelo. O próximo mércores, 6 de xullo, publicarase a relación definitiva de adxudicación do Fondo de libros. |
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2016/2017
Na seguinte ligazón podedes descargar a adxudicación definitiva do Fondo de Libros para o curso 2016/2017.
Ao alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria que quedou sen libros do Fondo de libros seranlle mercados os que se especifican na seguinte relación de Adxudicación Complementaria:
Os lotes de libros adxudicados serán entregados ao alumnado o primeiro día de clase do próximo curso. |
Nos seguintes documentos pdf podedes descargar a lista de libros para o curso 2016/2017.
- Relación de libros de texto para o curso 2016/2017 en pdf.
- Relación de material para a aula. (Publicarase en breve)