O martes 14 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria, asistiu ao concerto do grupo senegalés Djilandiang de Teranga organizado polo Concello no auditorio municipal. Algúns dos seus membros son griots, os encargados de transmitir a tradición oral no seu país, Senegal.
No concerto fixeron un percorrido etnográfico sobre costumes e tradicións do Senegal a través da danza e da música. Por medio de máscaras da boa sorte, danzas que invocan á choiva, tambores que falan, cancións que nos contan historias de respecto, paz e tolerancia, instrumentos descoñecidos para nós … conseguiron que nos acercásemos á África máis auténtica facéndonos partícipes das súas cancións e danzas.
Pasámolo xenial!!
- O noso alumnado foi entrevistado pola TVG de Galiza. Ligazón á nova na TVG