O venres, 5 de febreiro, celebramos no colexio a Festa do Entroido. Nela participou toda a comunidade educativa, cunha ampla presenza dos familiares do noso alumnado, o cal é de agradecer.
Este ano, cada curso, disfrazouse dunha temática diferente, relacionada co traballo que se está a desenvolver no PDI "Galicia arrecende a aventura"... tivemos aprendices de cociñeiros, traxes típicos de Galiza, camiñantes con destino Compostela, avoiñas menciñeiras, guardiáns da educación vial, as aventuras de don Quixote e a súa "trupe" e pescantíns troiteiros.
Previamente, e para coller forzas, degustamos as exquisiteces que as nosas nais e avoas prepararon con tanto agarimo para todos nós...
...que rico estaba todo!!!
Na seguinte galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos.
(Se tedes conta en Google, podedes engadir as vosas imaxes a esta Galería)