O último venres de xaneiro, víspera do domingo oleiro, as Pitas de Eiroas cordinaron o xogo das olas no noso colexio. Previamente, tivéramos un obradoiro onde nos explicaron a orixe da Pita de Eiroás e asemade nos amosaron como decorar as olas coas que posteriormente íamos xogar.
Este ano, unha nova cor pendurará do broche da Pita e 2016 será a VERDE CLARA, coa que queren facer fincapé na defensa do ensino público, despois de ter sido unha das propostas de cor nos últimos anos e ante a continuidade dun modelo que semella ir encamiñado cara a precarización dos servizos públicos e de calidade.
No desenvolvemento da actividade participaron tres Pitas de Eiroás e todo o alummado e profesorado do centro. Esta resultou ser moi entretida para todos os participantes. A pesar de que había un bo número de olas, estas resultaron insuficientes debido á aceptación e entusiasmo que amosaron os participantes no xogo.
Na galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos...