O alumnado de 5º curso de Ed. Primaria foi convidado pola Concellería de Educación a asistir á inauguración do curso escolar 2015/2016 que tivo lugar na Praza de San Martiño, cun concerto, a cargo da Escola Municipal de Música de Ourense, o 14 de setembro. Para desprazarse, empregamos o transporte urbano e como ameazaba a choiva, tamén regresamos en bus.
A Cocelleira de Educación fixo a presentación do novo curso escolar e a continuación,nesta fermosa praza, disfrutamos dun magnífico concerto co seguinte programa:
- What a feeling (BSO Flashdance)
- We Will rock you (Queen)
- Pretty Woman (Roy Orbison)
- Super Trouper (Abba)
- Twist and Shout (The Beatles)
- Happy (Pharrell Williams)
Galerías de imaxes da actividade.
- Se premedes na imaxe superior accederedes á nosa galería de imaxes.
- Galería de imaxes do Concello.
- Galería de imaxes do Xornal "La Región".