Skip to Content

Día do libro

A celebración do día do libro remóntase a principios do século pasado. A historia do libro faise festiva e xorden actividades literarias en toda España para fomentar o gusto pola lectura.

A Orixe do día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Desde 1996, o día 23 de Abril celébrase en todo o mundo, o día do mundial do libro e do dereito de autor.

A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés. O 7 de Outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro, xa que outubro non era unha boa época para mercar libros pola coincidencia co comezo do curso escolar.

Esta data coincide coa festividade de San Xurxo. En moitas partes de España é tradición que os namorados e persoas queridas se intercambien unha rosa e un libro.



book | by Dr. Radut