Estes son os pasos que hai que seguir para elaborar unha nova para un xornal:
- ORGANIZACIÓN.
O primeiro que hai que facer é repartir as tarefas a realizar entre o equipo de xornalistas. - DOCUMENTACIÓN.
Unha vez organizados teremos que buscar documentación sobre o tema a tratar: antecedentes, imaxes, noticias relacionadas, etc. Han de ser ordenados e ter boa capacidade de síntese. - INVESTIGACIÓN.
No proceso de investigación deberemos obter os datos precisos para poder redactar a nova, responderán, cando menos, as seguintes cuestións: que, quen, onde, cando, como e por que. Deberemos ser quen de elaborar unha serie de conclusións segundo os datos obtidos. - REDACCIÓN.
Cando teñamos os datos precisos escribiremos a noticia, segundo os criterios apropiados para un texto periodísitico informativo ou de opinión. Teremos presente todo o traballo anterior. Os traballos teñen que ser creativos e orixinais. - EDICIÓN.
Unha vez redactada a noticia, darémoslle a forma axeitada para que apareza no xornal, incluíndo imaxes, pé de imaxes, tipografía, presentación do texto, etc. Terá unha boa organización espacial e un bo nivel plástico.