Skip to Content

Nico tamén se mergullou con números

Galería de imaxes

Ao longo do curso o mago Nico foi o protagonista principal do traballo desenvolvido polo alumnado de pedagoxía terapéutica e de audición e linguaxe.

Estas son algunhas das actividades realizadas:

  • Os contidos espaciais-temporais en 2º E.P. traballáronse xunto co Mago Nico. O resultado foi o libro  “Nico vai á cidade”.
  • En E.I., 1º, 2º e 3º E.P. “Tocamos os números”.
  • Traballamos as unidades e decenas en todo o ensino primario coa historia “El país de las pulguitas”.
  • “O tren dos números” serviu aos nenos/as de E.I. e 1º E.P. para aprender a orde dos números do 1 ao 10 mediante a canción  “Los números”.
  • Os cubos serviron para traballar as praxias en E.I.
  • Recollida iconográfica dos datos do estado do tempo atmosférico de cada día de clase.
  • “Pescamos peixes na illa dos números”.


 
 


page | by Dr. Radut