Das actividades que se propuxeron en E.F. relacionadas coas matemáticas para incluír no P.D.I. realizáronse dúas, que a continuación se comentan:
Matemática de atrapar a bóla
Coller unha pelota vella e escribir varios números nela cun rotulador, cubrindo a superficie de números.
Un alumno/a lanza a pelota ao aire e déixaa caer.. Logo debe facer a operación cos números que hai debaixo das súas mans. Por exemplo, se berras subtracción e a persoa que agarra a pelota ten as súas mans sobre os números 4 e 2, entón debe restalos. Se berras suma ten que sumalos e se berras multiplicación ten que multiplicalos.
Outorgar un punto ao alumno/a por realizar a operación correctamente.
Medidas de lonxitude
Realizar medicións no campo “polideportivo”.