Así foi o proceso de elaboración do noso calendario (fotos da 1 á 11).
Cando xa o tiñamos colocado nas nosas portas utilizámolo para colocar e saber o mes e o día dos nosos aniversarios, para saber os dos compañeiros/as, para saber os días que faltaban para as vacacións, para saber cando remataba ou comezaba unha estación etc (fotos 12,13 e 14).
Foi unha ferramenta moi utilizada polos nenos/as durante todo o curso e que lles axudou moito á hora de entender a importancia de ser capaces de responder preguntas do tipo de:
- Cantos meses ten o ano?
- Cantos días ten un mes?
- Cantos luns ten o mes de febreiro?
- Cantas semanas ten o mes de abril?
Tamén se usou como ferramenta de axuda noutras áreas como as de matemáticas, ciencias naturais ou ciencias sociais con exercicios orais e escritos do estilo de:
- Busca o terceiro xoves de marzo.
- Cantos días teñen os meses?
- Que pasa en febreiro cada catro anos?
- En que semana de decembro cae o teu aniversario?
- Cando remata a primavera e empeza o verán?
- Cantos meses dura cada estación?
Na aula de informática buscamos información sobre os acontecementos máis importantes acontecidos no ano 2008, ano de nacemento de todos os alumnos/as da clase (fotos da 15 á 21).
Tamén adornamos os corredores do centro con parte da información obtida (fotos da 22 á 26).
Tamén celebracións coma o entroido ou os Maios foron eixos centrais no uso do calendario. Disfrazámonos de calendario e cada un adornou o seu disfrace con diversos materiais, mentres que nos Maios fixeron coplas como actividade tamén da estación da primavera e usamos, como non, o noso calendario como axuda (fotos da 27 á 32).
Colaboramos con outros cursos. Eles viñeron colocar os seus aniversarios (fotos da 33 á 36).
Tamén nós nos axudamos das actividades que fixeron para o PDI. Por exemplo, para axudarnos a interiorizar os conceptos de cantidade (euros e céntimos), visitamos a aula de 4º de Educación Primaria e usamos o seu supermercado Leo como ferramenta (fotos da 37 á 44).
Pódese dicir que a experiencia foi moi boa e enriquecedora. Os nenos/as participaron tanto na elaboración coma no uso desta ferramenta ao longo de todo o curso e conseguimos que fose un elemento máis de consulta e apoio nas clases. Conseguíronse acadar todos os obxectivos propostos e axudoulles a entender a importancia do calendario ao longo de toda a nosa vida.