O nacemento das Bonitas de Sande data dos anos posteriores á guerra de Filipinas xa que algunhas prendas da vestimenta, trouxéronas persoas do pobo e dos arredores que estiveran na guerra. Como estas pezas eran moi “bonitas” de aí lles ven o nome a este personaxe.
O disfrace consta dunha máscara feita con arame de peneira no que se pintan con cores as partes da cara. Ten un armazón de madeira que se adorna con plumas de aves, panos de seda e cintas de cores.
A súa vestimenta componse de : camisa branca; gravata vermella; pantalón branco de algodón axustado; dous panos de seda con flocos cruzados polo peito e tamén polo lombo; unha colcha envolta na cintura facendo de faldra e uns chancos de calzado con polainas negras.
Desfilan por diante de todas as máscaras do entroido portando un vergallo na man que lles axuda a por orde durante a celebración.