Skip to Content

Historia de Malala

Malala é unha nena que naceu no ano 1997 nun país asiático chamado Pakistán. Pertence á tribo dos pastúns, asentada entre Afganistán e Pakistán, e que profesan a relixión musulmán.

Como calquera outra nena, gústalle xogar ás agochadas, ao pilla, a “polis e cacos”… aínda que o seu deporte favorito é o cricket, deporte de orixe inglés que se xoga cun bate e unha pelota. Non lle gusta pintarse, nin as xoias, pero o seu color favorito é o rosa.

Tampouco lle gusta practicar o “badal” (tradición de vinganza musulmán) nin é partidaria do código “purdah”, polo cal as mulleres se tapan en público ben co “niqab” (velo que tapa a cara)ou co “burka”(largas túnicas negras que agochan a cabeza e cara). Estas vestimentas parecíanlle inxustas e desde pequena sempre dixo que “Malala será libre coma un paxaro”.

O seu pai tiña unha escola en Mingora na que era mestre e director. Por iso sempre estivo na escola desde moi cativa. En Pakistán son moitas as mulleres que non van a escola xa que as súas familias non o consideran preciso, só pensan en casarse e dedicarse a súa familia.

Cando era pequena, nunha visita que fixo en vacacións á aldea dos seus pais que está na montaña, descubriu a existencia dos talibáns, uns musulmáns extremistas que obrigan ás súas mulleres a ir vestidas co burka e que non quere que as nenas reciban educación na escola.

O seu pai crea máis escolas e como lle vai ben compra un televisor para  a súa casa que lle vai servir para coñecer o mundo.

Un día descubre nun vertedoiro a uns nenos pobres recollendo alimentos. Este feito impresionouna moito e fixo que se propuxera cambiar o mundo, para mellor, axudando ao próximo sempre que o necesitase. Na súa casa sempre acollían aos pobres. O seu pai incluso non lles cobraba por educar aos seus fillos e fillas na escola se non podían pagar.

No ano 2005, un fatídico terremoto destruíu parte do país deixando a moita xente sen as súas casas e familias. Os talibáns aproveitaron este feito para meter medo á poboación dicindo que fora froito dun castigo de Deus por non cumprir a Lei Islámica (sharía). Envían unha ameaza aos directores de escolas para que non acollan a mulleres. Destrúen moitas escolas de mulleres. Malala e as súas amigas toman precaucións e acoden á escola do seu pai entrando ás agochadas pola porta de atrás para non ser vistas. Unha vez dentro, “invadíaas unha sensación de liberdade indescritible”.

A sombra dos talibáns estendíase por todo o val de Swat. Un mulá, chamado Fazlullah, encargábase de meter medo pola radio ao pobo ignorante. Dicíalles que as mulleres non podían ir á escola; que se saían á rúa tiñan que levar burka; que non podían oír música; bailar; ir ao cine… estaba continuamente metendo medo aos veciños. Chegaron a facer sentencias públicas nas prazas aos que consideraban infieis ao Corán. O pai de Malala tamén foi acusado de ter unha escola infiel por acoller a mulleres na súa escola.

No país ninguén está a salvo, asasinan á Primeira Ministra Benazir Bhutto. Este feito fai que Malala se sinta valente e se decida a loitar pola Paz e a Democracia no seu país.

Chegou o exército a defendelos e despois dun ano de guerra os talibáns tivéronse que refuxiar nas montañas. Desde este momento hai continuos actos terroristas en toda a rexión e destrúese unha gran cantidade de escolas.

“…de noite o noso temor é forte… á luz, volvemos a encontrar valor”

Cando tiña dez anos xurdiulle a oportunidade de participar nun programa de televisión. Nel defendeu a educación da muller “…a educación é o noso sono”--dixo no programa. Sentiu que era a voz de moitas mulleres.

Un corresponsal da BBC animouna a crear un blog no que de xeito anónimo ía escribindo o seu diario con temas referentes aos dereitos da educación da muller e a súa propia experiencia escolar. Cando foi descuberta, en vez de arrepentirse, comezou a dar entrevistas e conferencias a cara descuberta

“Estou orgullosa de defender a educación das nenas…”

En xaneiro de 2009 os talibáns decretaron o peche de todas as escolas. O último día de clase o NY Times fixo un documental sobre a educación en Pakistán na súa escola. Este feito fixo que Malala e as súas reivindicacións se desen a coñecer en todo o mundo.

Máis adiante permitiuse abrir as escolas e acoller a nenas menores de 10 anos. Como ela tiña máis, acudía camuflada entre as nenas máis cativas.

É un tempo de guerra continua e de idas e voltas ás montañas para refuxiarse. Toda Mingora é practicamente destruída, aínda que a súa casa e a escola permanecen en pé.

Neste mesmo ano vai a Islamabac, capital do país, a falar sobre a educación das nenas co embaixador dos EEUU.

No 2010 participa na Asemblea de nenos de Unicef e fai as seguintes peticións:

  • Abolición do traballo infantil.
  • Axuda aos vagabundos para poder estudar.
  • Reconstrución de escolas novas.

Decide que de maior será política en vez de médico, que era o que quería ser cando era máis cativa.
Este mesmo ano o seu pai recibe unha ameaza de morte por ser considerado infiel á relixión musulmá. Mingora é agora unha cidade con atentados continuos por parte dos yihadistas.

No ano 2011 por fin recibe boas noticias. Concédenlle os seguintes premios:

  • Premio de Paz KidsReghts. Na entrega do premio ante o Ministro da rexión de Swat dixo “ As nenas non tememos a ninguén!”
  • Premio Nacional da Paz de Pakistán. Nesta entrega solicitoulle ao 1º Ministro de Pakistán que comezaran a reconstruír as escolas que foran destruídas polos talibáns. A partir dese ano o premio pasou a chamarse Premio Malala.

Cada vez se vai facendo máis coñecida en todo o mundo. No ano 2012 recibe unha ameaza de morte por medio de Google. Ela, en vez de asustarse e esconderse, decide que se enfrontará aos seus inimigos combaténdoos coa “Paz e o Diálogo”.

Este ano, un amigo do seu pai recibe un atentado dos talibáns. A raíz deste suceso, empezan a sospeitar e a tomar moitas máis precaucións.

O 9 de outubro de 2012, ao regreso da escola, despois de facer un exame de Física, no medio do traxecto cara a súa casa, uns talibáns fixeron parar o autobús no que viaxaban os nenos e nenas do seu cole. Un deles acercouse ata os pasaxeiros e preguntou que era Malala. A continuación disparoulle coa súa arma…

...Despois de pasar por varios hospitais da Rexión, uns médicos ingleses deciden levala para Birminghan (Reino Unido) xa que a súa vida corría perigo se non se trataba nun hospital axeitado.

Estivo unha semana en coma. Como o seu cranio exercía moita presión no seu cerebro, sacáronlle un anaco do oso e implantáronllo no seu ventre ata unha nova operación. Tamén lle tiveron que facer un implante coclear, pois unha bala desfixéralle o oído. Asemade, presentaba feridas importantes na cara, boca, ollos…

Cando espertou do coma, e se viu no espello, non chorou porque estaba viva, pero preguntou polo seu pai e cando se iría para a súa casa.

Pasadas dúas semanas chegou a visitala toda a súa familia, xa que o seu pai quedara en Pakistán arranxando os papeis para traer a toda a familia a Inglaterra.

Recibiu mensaxes de apoio, regalos, bombóns,… de todo o mundo mentres estivo no hospital. Máis de 200 periodistas estiveron presentes en Birminghan para cubrir esta nova.

Pasados 12 meses saíu por primeira vez á rúa. Veu a vela o Presidente de Pakistán…pero foi un momento moi triste para ela xa que comprendeu que tería que vivir unha larga tempada en Inglaterra, fóra da súa casa. Era consciente de que pasaría moito tempo antes de volver a Pakistán.

No ano 2013 recibiu a alta médica despois de sufrir novas operacións para mellorar a súa calidade de vida.

Custoulle adaptarse a súa nova escola en Birminghan. Dicía que as súas amigas non eran como as que deixara en Mingora. A ela, ao principio, víana como á “nena do atentado”. Pouco a pouco foise integrando na súa clase.

No ano 2014 viaxou ata EEUU, e ante o Presidente Obama dixo que no seu país tiñan que “...investir máis en libros e menos en armas”.

“Se Deus che da a voz, hai que usala aínda que sexa para contradicir ao Presidente dos EEUU”.

Ese mesmo ano da unha conferencia na ONU e di:

“Un neno, un mestre, un lapis e un libro poden cambiar o mundo”

No ano 2014 foille concedido o Premio Nobel da Paz pola súa loita polo traballo infantil e pola defensa do dereito á educación dos nenos. Pasa a ser a persoa máis cativa que obtén este recoñecemento, en calquera das súas categorías,desde a súa creación.




book | by Dr. Radut