Skip to Content

Boteiro de Vilariño de Conso

Boteiro de Vilariño de ConsoA principal característica do Entroido de Conso é a participación da maioría dos pobos que compoñen o municipio. Cada lugar ten o seu folión, constante que atoparemos en todos os concellos de montaña.

O folión consiste nunha agrupación na que figura en número considerable o personaxe central o BOTEIRO, ademais dos peliqueiros, e comparsas.

O boteiro porta unha enorme máscara que pode ter formas distintas, sendo a máis singular a formada por un gran rectángulo primorosamente adornado con flores de papel, o seu peso é moi elevado, sendo de difícil porte.  Está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro e o bico vermello. Leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de cores formando distintas figuras xeométricas (dá traballo a dúas mulleres durante 25 días o facer a camisa). O pantalón, xeralmente encarnado, con flecos nos laterais. Sobre o cinto leva as esquilas, campaíñas do gando que o moverse producen un tintineo. Tamén leva un báculo, símbolo do poder, xeralmente con dibuxos helicoidales, e no remate ponse a cola da raposa. No tempo que media entre advento e quincuaxésima, ás noites, adoita saír o folión que con enormes bombos, cornas e apeiros de labranza desfila polas rúas con compasado ritmo, cada aldea pode identificarse polo seu sendo enxordecedor o son.

Días notables son os xoves de lardeira ou lardeiro (tamén compadres e comadres) e domingo gordo, luns e martes de Entroido. O domingo gordo ten lugar unha concentración de todos os folións na capital municipal. A medida que se van concentrando e a sonoridade vai en aumento o visitante séntese “electrizado” e pronto estará mesturado no folión.

Despois do desfile da mañá ten lugar unha comida popular cabrito e chourizos, que congregan milleiros de persoas.



book | by Dr. Radut