Skip to Content

Pantalla de Xinzo da Limia

Pantalla de XinzoTen como personaxe central a PANTALLA cuxo atuendo considérase incompleto sen as clásicas vexigas, que ha de repoñer cada vez que se rompan. A máscara esta feita con cartón, xornais e fieltro e pégase todo cunha mestura de fariña e auga. Da parte de atrás sae un corno que se decora con motivos astrais, animais, .... A Pantalla viste calzón longo e camisa ou camiseta brancos. Nas pernas unhas polainas negras e na cintura unha faixa encarnada. Polo lombo cae unha capa de seda encarnada ou negra con fitas de cores. No pescozo, un pano da cabeza de muller, atado na parte de atrás. A faixa axuda a amortecer o peso dun cinto de campaíñas e cascabeis moi pesado.

Os días máis relevantes no Entroido antelán son: domingo fareleiro, domingo oleiro, domingo corredoiro, luns e martes de entroido. Considérase comezo oficial o día de San Sebastián.

En Xinzo ten lugar un concorrido desfile o día grande, o martes; encabézao por moitas pantallas, ás que seguen: banda de gaitas, banda de música e varias charangas intercaladas entre as numerosas carrozas e grupos de xente disfrazada pPantalla de Xinzo da Limiaola vella moderna con indumentarias alusivas a personaxes de actualidade, circunstancias etc. Ao mesmo tempo a atención céntrase na pantalla.

O domingo oleiro, desenvólvese un concorrido acto no que se lanzan centenares de ollas de barro entre os participantes. O xogo consiste en non deixarlles caer ao chan, iso ten un singular castigo, como o ten nos tres días finais do Entroido aquel que sendo veciño é sorprendido polas pantallas carecendo de disfrace, que pode non ser tradicional, pero si obrigatorio.



book | by Dr. Radut