Felos, corozas e rodos, é o típico da zona. Todas estas máscaras son dun gran colorido, os felos, por exemplo, son un disfrace moi vistoso e relativamente barato e fácil de facer.
Outro disfrace típico é a coroza, que tamén utilizan os gandeiros para resgardarse do frío. Consta de tres partes, o carapucho, o corpo e as polainas. Está realizada con xuncos.
O rodo non é precisamente un disfrace senón unha forma de correr o entroido, que se celebra nas parroquias de Pazos do Arenteiro. Unha comitiva vai polas rúas facendo soar os rodos contra as pedras ou tocando cun martelo contra o rodo.
En Boborás, ata non fai moito, o cabalo tiña un forte protagonismo, xa que era un animal que abundaba nestas terras.