Conta a lenda que dous amigos da Selva Negra, leñadores de profesión, decidiron pasar xuntos a Noite Boa.
Había o gran perigo de que o visitante non atopara a cabana do seu amigo, na noite pecha do mes de decembro e, para axudalo, advertilo e guialo ao lugar da cita, o amigo decidiu por unha serie de luciñas nun abeto que había ao pé da casa.
O leñador pensou que sería bo adornar a árbore con todo os recordos bonitos que tiña na cabana e pendurar dela os seus regalos, para darlle a benvida, e demostrarlle a súa ledicia por estar xuntos nesas Festas.
Así, cando o seu amigo pasou preto da cabana non tivo problema para chegar ata ela e pasar alí a Noite Boa.
Kamishibai sobre a Lenda da árbore de Nadal. (12 MB)
Libro en pdf da Lenda da árbore de Nadal (11 MB)
Libro en pdf da Lenda da ábore de Nadal para colorear (5 MB)
Vídeo-conto
Representación do kamishibai