Néfele, a Deusa das Nubes
Hai moito tempo, nun pobo moi pequeno, nunca chovía, vivía un neno chamado Miguel.
Nunca vira chover por culpa dunha maldición da deusa Néfele
Miguel decidiu ir a buscar a deusa para que fixera chover e cando pediu permiso ao seu pai este botouse a rir.
-Nunca verás chover ata que a maldición siga en pé
Miguel foise moi desgustado e cando mirou ao ceo viu unha figura de muller que cada vez era máis grande.
Volveu correndo xunta seu pai.
-Papaaá, mira que nube, ten forma de muller
-OooH! é Néfele.
-Mortais, mudastes deopinión e ides seguir adorándome?
-Xamais, despois da túa traizón nunca –berra o pai
Néfele foise e ao seu paso un furacán arrasou todo.
-Non podemos vivir por máis tempo aquí, as terras non producen con tanta seca e morreremos de fame. Teremos que emigrar --comenta o pai.
-Haberá algo que poidamos facer? -di Miguel
-Si, espera un momento.
O pai de Miguel entra na casa e volve cunha bolsa de coiro con tres obxectos, e dille- Este é un anemómetro, mide a velocidade do vento, fíxate cando marque 218km/h. Estoutroé un termómetro terá que marcar entre-50ºC e -60ºCe leva tamén o pluviómetro cando a cantidade de chuvia sexa de 37l/m2 alí estará Néfele.
-E que fago cando a atope- pregunta Miguel
-Convéncea para que faga chover na nosa aldea e así salvala.
Púxose en camiño e despois dun bo treito sentouse nunha pedra a descansar. Abriu a bolsa e o un anemómetro sómedía 20km/h, o termómetro marcaba –2ºC e non caía nin gota de auga.
Comezaba a facer moito frío. Puxo o traxe que tamén lle dera o seu pai, especial para combater a neve e o frío intenso, xa que Néfele deixa tras de si un rastro xeado.
Cada 5 kilómetros consultaba os seus instrumentos de medición mais, aínda que baixaran as temperaturas, o vento era máis forte e chovía ou nevaba, de cando en vez, non chegaban as medicións ao que lle dixera o seu pai.
Xa estaba escurecendo cando de súpeto o vento era máis forte, sacou o anemómetro marca 200km/h vai subindo 210, 213,215, Miguel ponse nervioso, 218km/h xa está. Esta é a velocidade indicada.
Saca o termómetro, ben, -58º C. Teño que estar moi cerca. O pluviómetro mide 37l/ m2.
Miguel saíu voando e quedou inconsciente. Cando espertou viu unha escalinata e ao fondo un templo rodeado de nubes.
-Ten que ser onde vive Néfele –dixo
Subiu e abriuse a porta, unha gran sala de cor branca e nun trono dourado estaba Néfele.
-Como chegaches ata aquí? -Pregunta
Miguel amosa os instrumento de medida e o que lle dixera seu pai.
-Que queres?
-Que fagas chover na miña aldea?
-Nunca!- responde Néfele- Deixaron de loarme
-Non os escoitabas, facías chover cando menos se precisaba, as veces moito e outras moi pouco. E cando te chamaban case nunca contestabas. -dicíalle Miguel-
Néfele quedou pensando un bo anaco
-Tes razón pode que eu non fixera caso nalgún momento. Xa que fuches valente e arriscaches a túa vida, volverei a pasar pola túa aldea.
-Moitas grazas. Podo facerche unha pregunta? -continua Miguel
-Si Claro -responde Néfele
-Non entendo porque meu pai non me deu un viraventos para atoparte?
-Eu móvome moito, norte, sur, leste, oeste, da igual e como me gusta xogar podo estar ao norte e aos 5 minutos ir ao sur, polo que o viraventos que che indicaría a dirección do vento non che serviría, neste caso, para nada -responde Néfele
De volta a casa notou un cheiro estraño. Que sería? Gustáballe, pero non sabía de onde viña.
Abrazouse ao seu pai, que estaba na leira, e contoulle o encontro coa deusa das nubes. O pai estaba moi emocionado.
-Que arrecendo é ese que veño notando dende que cheguei a aldea? -interroga Miguel.
-Néfele xa pasou por aquí. Iso que notas é o cheiro que ten a terra mollada -contesta o seu pai cun sorriso.
Autor: Furacán