ESTRELAS E MÁIS ESTRELAS
Chámome Laura, teño 11 anos, vivo en Chantada, estudo 6º de primaria. Teño un telescopio que me regalaron por sacar boas notas. Gústame moito todo o que ten que ver coa Astronomía.
Todas as noites que podo, e o ceo está despexado, vou ao montee miro as estrelas.
Tiña que facer un traballo sobre como clasificar estrelas, e puxen que se clasifican segundo o seu tamaño: ananas e xigantes. A súa cor: brancas, vermellas, azuis, etc.
Seguín buscando información e collín un libro sobre astronomía da biblioteca do meu colexio.Aprendín que a luz dos planetas parece sempre constante mentres que a das estrelas, parece variar de intensidade e cor. Engadino ao meu traballo.
Quedou moi chulo e penso que áProfe vaille gustar.
Como estaba pasando tan bencon aquel libro, continuei lendo e atopei a HENRIETTA SWAN, unha astrónoma que descubriu as estrelas variables CEFEIDAS, que palpitan cun ritmo regular e teñen máis magnitude ou luminosidade canto máis tardan en palpitar.
Pareceu moi interesante este descubrimento, e sobretodo que fose dunha muller, así que esta información ten que aparecer no meu traballo.
Comecei de novo. Agora sí que a Profe non vai ter máis remedio que felicitarme e pórme unha moi boa nota.
Cando rematei de cear, dirixinme ao xardín co meu telescopio sen deixar de pensar en HenriettaSwan.
Gústame mirar e observar sobre todo Mercurio e a constelación de Virgo, en setembro.
Paseino moi ben descubrindo tantas cousas sobre o que máis me gusta.
Autor: Estreliña do ceo