MOCHILA VIAXEIRA.6º ED. PRIMARIA.

MOCHILA_6

MOCHILAS VIAXEIRAS

No curso 2023/ 2024 o alumnado de  6º de E. P participou no programa “mochilas viaxeiras” que se promove desde Bibliotecas  escolares de Galicia. Este ano empregáronse dúas mochilas que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. 

O material que había en cada unha das mochilas viaxeiras de 6º curso de Educación Primaria intentouse que fose o máis variado posible, polo que se incluíu: narrativa en castelán e galego, revistas de temas que lles preocupaban tamén nos dous idiomas, libros sobre preguntas que se fan os alumnos destas idades. Buscábase que respondese aos gustos e intereses do grupo clase polo que a escolla foi feita pola titora e supervisado polo persoal da biblioteca. :

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas…sobre o contido da mesma.

Como conclusión, cabe  remarcar que as veces os nenos e nenas móstranse reticentes a levar a mochila pola responsabilidade que lles implica, mais cando a traen de volta a clase e comentan cos compañeiros e coa mestra sempre atopan algún libro que lles gustou ou que lles sorprendeu. Á vista os traballos que presentan!!

Quizais o seguinte paso podería ser incluírmos libros orientados ás familias e as súas posibles preocupacións educativas con respecto a etapa evolutiva na que se atopan os seus fillos. Atopar dentro da mesma mochila lecturas para distintos membros da familia pode ser un  modo interesante de mellorar o hábito lector na nosa sociedade.

MOCHILA_6