Celebración do Día da alegría

 

O Día Internacional da Felicidade enche de cor o noso colexio!

O 15 de marzo, adiantamos a celebración no noso colexio do Día Internacional da Felicidade cunha iniciativa, organizada polo EDL en colaboración co equipo de biblioteca, chea de creatividade e cor: unha galería de arte con cartaces alegóricos realizados por cada un dos nosos alumnos e alumnas.

A actividade, enmarcada no proxecto de inclusión do centro, convidou aos estudantes a reflexionar sobre o que lles fai máis felices. Desde pequenos detalles cotiás ata grandes soños e aspiracións, os carteis plasmaron a diversidade de emocións e experiencias que conforman a felicidade para cada neno e nena.

Familias, profesores e persoal do centro poden desfrutar da exposición, que encheu de ledicia e positividade os corredores do colexio. Os nenos e nenas orgullosos e orgullosas das súas obras, explicaron con entusiasmo as súas creacións e compartiron cos seus compañeiros que lles fai sorrir.

Esta iniciativa non só fomentou a creatividade e a expresión artística do alumado, senón que tamén reforzou a importancia da felicidade como un valor fundamental na vida.

Parabéns a todos por unha celebración chea de cor e ledicia!