O mércores 28 de febreiro o alumnado de 5º e 6 de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro Educación deportiva para á vida levada a cabo pola asociación sen ánimo de lucro Suelta los Frenos que conseguiu achegar ao noso alumnado a psicoloxía (Ángel) e ao ámbito deportivo (Guillermo), tanto profesional como amateur.
Este obradoiro comprométese co fomento da saúde integral e emprega a actividade física e o deporte como medio para o conseguir obxectivos que persegue o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro cos nosos alumnos e as nosas alumnas, centrados na visión Integral do ser humano no que os aspectos físicos, emocionais, mentais e de comportamento se relacionan e inflúen continuamente, nos que o deporte e a actividade física son unha ferramenta de aprendizaxe para a vida e o crecemento persoal.
O obradoiro Educación deportiva para á vida centrouse na realización de dúas sesións. A primeira sesión, impartida por Guillermo, centradas en actividades de carácter físico nos que o traballo en equipo era un dos elementos centrais. A segunda das sesión levouna a cabo Ángel, psicólogo, que incluíu dinámicas relacionadas coa identificación de fortalezas persoais e o seu recoñecemento a nivel persoal. Intereses e gustos relacionados co estas fortalezas.
A actividade nos fixo pensar na importancia do traballo en equipo e na realización de actividades deportivas.