Skip to Content

Solicitude de praza para o curso 2024/2025

Desde o 15 de xaneiro, e ata o 5 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES As Lagoas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2024).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES As Lagoas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

 DOCUMENTOS RESERVA DE PRAZA PARA O IES AS LAGOAS

 DESCARGA

Reserva de praza. Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. ANEXO I.

Renuncia á reserva de praza no IES As Lagoas
Circular enviada ás familias

 

Desde o día 1 de marzo, e ata o 20  do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora.

O procedemento está regulado polo Decreto 13/2022 , a Orde do 21 de outubro de 2022 que o desenvolve.

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 20 de marzo. ANEXO II.

Solicitude en liña na web da Consellería de Cultura e Educación. ANEXO II.

ANEXO II

Tríptico informativo dos servizos do cole

Solicitude de admisión en Prazo Extrordinario

  • Listado de vacantes para o curso 2024/2025.
  • Lista provisional de persoas admitidas e non admitidas.
  • Lista definitiva de admitidas. 
    • Toda as solicitudes de praza de Ed. Infantil e 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP obteñen praza no centro.
    • 2º de EP pendente de resolución provisional e definitiva. (Ten baremación)

 


 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o  20 e 30 de xuño. Poden adiantar a súa formalización ao 1 de xuño na secretaría do centro.

 

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

Documentación que acompañará á matrícula.

Solicitude de lingua materna en Ed. infantil
Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

Solicitude de praza fóra de prazo de matrícula
(Entrégase en Inspección Educativa)



page | by Dr. Radut