CIENCIA NO CLUB DE LECTURA
Ás reunións do club de lectura Sueiriños/as chegou a ciencia neste mes de novembro.
Os libros, ademais do sentido da vista, espertan en nós sensacións percibidas cos sentidos do oído, do tacto e tamén do olfacto. Porque un libro pode ser escoitado como o rumor do vento ao pasar as súas follas; podemos sentir a rugosidade ou suavidade das súas follas co tacto; e tamén pode ser ulido o papel e a tinta dun libro novo ou o polbo que se deposita nas súas follas co paso do tempo nos andeis da biblioteca.
Como vedes, non só usamos o sentido da vista cando nos achegamos a un libro. A experiencia da lectura comeza cando pechas os ollos e espertas outros sentidos, ás veces durmidos na experiencia lectora.
Esperta os teus SENTIDOS neste novembro outonal!