Entrega do 1º premio do concurso do Exército de Terra

Hoxe, 16 de maio de 2023, acudiu ao noso centro o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis para realizar a entrega do 1º premio autonómico do concurso “Premios do Exército de Terra”  ao alumnado de 4º curso de Educación Primaria co traballo Mirando sen ver centrado no traballo que realiza el Grupo Militar de Alta Montaña (Base Oroel San Bernardo) a prol das persoas con discapacidade visual. Recordar que dito traballo acaba de recibir, tamén, o 1º Premio Nacional e que leva asociada unha contía de 4500 euros.

Na entrega do premio regional acudiron autoridades militares desprazadas dende a “Base General de Morillo” en Pontevedra o Excmo. General de Brigada Sr. D. Alfonso Pardo de Santayana Galbis e comandante D. Pablo Ponce de León Rodríguez e o Suboficial Mayor D. Manuel Fariña Martínez. Da Subdelegación de Defensa de Ourense o comandante D. José Manuel Zapata Paz e o subteniente D. José Manuel Duque e representando a Xunta de Galicia D. Manuel Pardo Cid xefe territorial da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza e Dna. María del Pilar Barandela Sandianes inspectora da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Neste día a docente coordinadora do proxecto expuxo, xunto co alumnado de 4º de Educación Primaria, o proxecto Mirando sen ver que foi merecedora deste galardón.

Na entrega do recoñecemento do 1º premio entregouse ao centro un diploma, unha bandeira de percha así como dous libros relacionados coa Campaña Antártica e o traballo da Base Gabriel de Castilla.

Que gran día... e que orgullosos estamos do noso alumnado.

PARABÉNS AOS NOSOS/AS PEQUE-ESCALADORES!