O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2023/2024. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense do 21 de abril, publica o extracto desta convocatoria.
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de maio.
DOCUMENTACIÓN
- Toda a información sobre a convocatoria está na web do Concello de Ourense
Adxunto | Tamaño |
---|---|
triptico_bases_gal_v1.pdf | 1.43 MB |