Desde o noso cole apoiamos e damos voz ás iniciativas promovidas pola IAPB, organismo internacional recoñecido como líder mundial na defensa da saúde dos ollos.
Como di o logo, a campaña anímanos a todos/as a amar os nosos ollos, a coidar a nosa visión e romper as barreiras que impiden brindar atención oftalmolóxica en todos os países do mundo.
Tamén coñecemos a figura de Louis Braille que ideou un sistema de puntos en releve para ler e escribir, coñecido tamén como cecografía.
Escribimos con ese método unha frase que deixa ás claras os prexuizos que, ás veces, temos sobre as persoas con discapacidade visual. Non temos a máquina para escribir braille, pero solucionámolo con imaxinación, un tradutor e boliñas de algodón.
A nosa frase é: MIRANDO SEN VER. Con este xogo de palabras deixamos ben clara a nosa intención de romper as barreiras daqueles que NON QUEREN VER.
Creamos unhas gafas do máis chulas coas que pretendemos cambiar a cor e a mirada de todos/as nós.
E temos un agasallo en forma de frase para rematar cun sorriso:
- I OPENED TWO GIFTS THIS MORNING:
- THEY WERE MY EYES!